Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 30 de xullo de 2003 Páx. 10.021

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Federación Galega de Comercializadores de Peixe e Marisco (Fegacopema).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Federación Galega de Comercializadores de Peixe e Marisco (Fegacopema) que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán ser membros da federación as asociacións locais de comercializadores de peixe e marisco, así como as demais asociacións que estean constituídas por profesionais e autónomos.

Asinan a acta de constitución: Consuelo Galiñanes Cacabelo, en representación da Asociación de Peixeiras e Compradores de Peixe e Marisco do Salnés e dúas persoas máis, representando a outras tantas asociacións.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2003.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais