Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 30 de xullo de 2003 Páx. 10.003

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (910/2002).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos número 910/2002 seguidos por instancia de Juan Manuel Tamayo Fernández, contra Café Bar Erea, S.L. e outros sobre invalidez permanente absoluta, a maxistrada xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, con data do 2 de xullo de 2003, coa seguinte parte dispositiva:

«Que, estimando a pretensión da demanda presentada por Juan Manuel Tamayo Fernández, declaro que a parte demandante está en situación de invalidez permanente, en grao de absoluta para toda profesión ou oficio, derivada de accidente de traballo. En consecuencia, condeno as entidades demandadas a observa-los precedentes pronunciamentos e, a teor deles, debo condenar e condeno a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo a que recoñeza e lle aboe á parte demandante a diferencia entre a prestación do IPT derivada no ANL aboada polo INSS e a prestación do IPA derivada de accidente de traballo, consistente nunha pensión vitalicia e mensual na contía do 100% da súa base reguladora de 24,63 euros por día, máis os incrementos legais correspondentes e con efectos desde o día 14 de agosto de 2002.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se lles fará saber que en contra da dita resolución cabe o recurso de suplicación, que deberá anuncialo o seu avogado ou representante legal designado para o efecto, perante este xulgado, no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentencia, por comparecencia ou por escrito das partes. É posible o anuncio por mera manifestación da parte recorrente ó ser notificada, e será resolto, se é o caso, e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, ademais, acreditar, ó anuncia-lo recurso, ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao Vizcaya, conta nº 5602-60, e que pode substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, coa constancia da responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta e en calidade de depósito, nun impreso separado do do importe da

condena.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación á codemandada Café Bar Erea, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido en avda. de Chile, 8, A Coruña, e que na actualidade se descoñece e co fin da súa publiación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 3 de xullo de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado