Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 30 de xullo de 2003 Páx. 10.003

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (857/2002).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 857/2002, por instancia de Amparo Fernández Fernández contra Vanessa López Vázquez e Estefanía López Vázquez sobre cantidade nos que recaeu sentencia con data 1 de xullo de 2003 que, copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido que estimando a demanda promovida por Amparo Fernández Fernández contra Vanessa López Vázquez y Estefanía López Vázquez debo condenar e condeno as demandadas a que lle aboen a demandante a cantidade de 2.901,57 A por tódolos conceptos reclamados en demanda.

Así, por esta miña sentencia, contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, é indispensable que no momento de anuncialo, o recorrente, se é empresario, exhiba diante deste xulgado do social o xustificante acreditativo de ter depositado na conta aberta en grupo Banesto (Banco Español de Crédito, S.A. e Banco de Vitoria, S.A.), co número 5.605 0000 60 0857 02, a cantidade obxecto de condena, poderá substituirse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito sen o cal non se poderá ter por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Deberase consignar, ademais, a cantidad de 150,25 A na mesma conta 5.605 0000 65 0857 02 e entrega-lo xustificante na secretaría no

momento de interpoñe-lo recurso, que se declarará desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada. Definitivamente xulgando en primeira instancia, pronuncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva

de notificación ás empresas Vanessa López Vázquez e Estefanía López Vázquez expido e asíno esta cédula na Coruña o 1 de xullo de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado