Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 30 de xullo de 2003 Páx. 10.002

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (409/2003).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos número 409/2003 seguidos por instancia de Jessica María Regueiro Varela, contra empresa Bevajeny, S.L. e Fogasa sobre despedimento, a maxistrada xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, con data do 30 de xuño de 2003, coa seguinte parte dispositiva:

«Que, debo estimar e estimo integramente as pretensións da demanda e cualifico como improcedente o despedimento obxecto deste proceso e condeno a empresa Bevajeny, S.L. a que readmita inmediatamente a Jessica María Regueiro Varela nas mesmas condicións que rexían antes de se produci-lo despedimento, ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación laboral co aboamento á parte demandante dunha indemnización de 508,29 euros.

A devandita opción deberase exercer no termo de 5 días a partir da notificación desta sentencia, mediante escrito ou comparecencia diante deste xulgado. Transcorrido o dito termo sen que o empresario optase, entenderase que procede a readmisión.

Calquera que fose o sentido da opción, condeno así mesmo a parte demandada a que lle satisfaga á demandante os salarios que non teña percibido desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, tomándose en consideración para tal efecto o salario que se estima acreditado no feito probado primeiro, e tendo en conta a limitación que establece o artigo 57.1º do ET e que ata esta data ascenden á cantidade de 1.597,05 euros, a razón de 17,55 euros por día.

E debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos legalmente.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se lles fará saber que en contra da dita resolución cabe o recurso de suplicación, que deberá anuncialo o seu avogado ou representante legal designado para o efecto, perante este xulgado, no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentencia, por comparecencia ou por escrito das partes. É posible o anuncio por mera manifestación da parte recorrente ó ser notificada, e será resolto, se é o caso, e cumpridos os trámites legais, polo Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, ademais, acreditar, ó anuncia-lo recurso, ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao Vizcaya, conta nº 5602-60, e que pode substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, coa constancia da responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta e en calidade de depósito, nun impreso separado do do importe da

condena.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación á empresa Bevajeny, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido en r/ Alfredo Vicenti, 23-25, 15004 A Coruña; e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 30 de xuño de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado