Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 30 de xullo de 2003 Páx. 10.002

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (71/2000).

Luis Fernández Arias González, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, dá fe e testemuño de que na executoria de faltas 71/2000, se dictou este auto o cal na súa parte dispositiva di:

Declárase a José Antonio Sampayo Figueira insolvente civil e penal nos presentes autos

Impónselle ó condenado nesta causa José Antonio Sampayo Figueira, como responsabilidade persoal subsidiaria por non paga-la multa, á pena de cinco días de privación de liberdade.

Requírase o condenado para que de forma inmediata manifeste se opta polo cumprimento da pena de cinco días de arresto continuado ou solicita que esta sexa substituída pola de arrestos de fins de semana, entendéndose que no caso de non formular manifestación procederase ó cumprimento da pena de arresto continuado.

E para que conste e sirva de notificación e requirimento en forma a José Antonio Sampayo Figueira, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Padrón o 27 de xuño de 2003.

El secretario

Rubricado