Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 30 de xullo de 2003 Páx. 10.001

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE BETANZOS

EDICTO (296/2002).

Alberto Ballón Lage, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos, dá fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 296/2002, se acordou citar a:

Cédula de citación:

O xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos, acordou citalo a

vostede co fin de que o próximo día vintetrés de setembro ás nove trinta horas, asista na sala de vistas á celebración do xuízo de faltas arriba indicado, seguido por falta de furto (623), en calidade de denunciado.

Fáiselle saber que deberá comparecer ó acto de xuízo con tódolos medios de proba de que se intente valer (testemuñas, documentos, peritos...) e que poderá acudir asistido de letrado, se ben este non é preceptivo.

Apercibíndoo de que de residir no termo municipal, e non comparecer nin alegar causa xusta que llo impida, poderá impórselle unha multa, e recaerá sobre el o prexuízo a que haxa lugar en dereito e que, no caso de residir fóra deste termo, poderá dirixir por escrito a este xulgado na súa defensa e apoderar outra persoa para que presente no dito acto as probas de descargo que tiver, conforme o disposto no artigo 970 da Lei de axuizamento criminal.

E para que conste e sirva de citación a Francisco Javier Mendoza Hernando, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Betanzos o tres de xullo de dous mil tres.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE PADRÓN