Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 28 de xullo de 2003 Páx. 9.925

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 26 de xuño de 2003, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se resolve a clasificación do monte Anzo da parroquia de Anzo do concello de Lalín.

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado por Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise constar que:

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais de Pontevedra, dictou a seguinte resolución:

Asistentes:

Presidente: José Antonio López Rodríguez (delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente).

Vocais:

Luis Mª Muíños Vidueira (letrado da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia).

Mª Luisa Pardavila Pazos (avogada polo colexio da provincia).

Manuel Francisco Gutiérrez (xefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais).

Vocais representantes da parroquia de Anzo do concello de Lalín:

Manuel González Penalta.

José Granja Barreira.

Secretaria: Pilar Pita Ponte (xefa da Sección do Servicio Técnico-Xurídico da Delegación de Medio Ambiente).

Na cidade de Pontevedra, sendo as dezasete horas do día 25 de xuño de 2003, coa asistencia das persoas citadas na marxe, reúnese na 3ª planta do edificio sito no nº 47 da rúa Benito Corbal o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común co obxecto de decidir sobre a clasificación do monte Anzo da parroquia de Anzo do concello de Lalín.

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Con data de entrada 9 de maio de 1997, Andrés Granja Míguez, na súa condición de veciño da parroquia de Anzo, do concello de Lalín, e en representación dela, presenta solicitude de iniciación de expediente de clasificación do monte denominado Anzo como veciñal en man común para os veciños da parroquia de Anzo, acompañando informe técnico, así como diversa documentación, describindo o monte, identificación, superficie, ocupacións e lindeiros.

Segundo.-Con data 20-5-1997 solicítaselle ó Servicio de Montes e Industrias Forestais informe previo, informe que é evacuado en data 28-8-1997, onde o enxeñeiro Bienvenido Cifuentes Alonso indica que o monte denominado Anzo non está afectado por outras clasificacións e que a planimetría achegada polos veciños solicitantes é suficiente; neste informe indícase que o monte ten aproveitamento en común, excepto os carballos que son de propiedade particular.

Terceiro.-Na reunión celebrada polo Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común o día 3 de novembro de 1997 acordouse á vista do informe elaborado polo Servicio de Montes e I.F. incoa-lo expediente para a súa clasificación e nomear instructor del a Luis Mª Muiños Vidueira.

Cuarto.-De conformidade co establecido no artigo 20 do Decreto 260/1992 solicítase informe preceptivo do Servicio de Montes e Industrias Forestais que é remitido ó xurado con data 10 de febreiro do 2003, no que se describe o monte da seguinte maneira:

Concello: Lalín.

Parroquia: Anzo.

Zona do Preguntoiro.

Cabida: 4,9 ha (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: propiedades particulares de Mª Teresa López García.

Sur: río Deza.

Leste: propiedades particulares de Benito Balo Otero, Antonio Rodríguez Castro, Manuel Crespo Brea, Manuel Mariño Lamas e Guillermo Baldomero Friol.

Oeste: propiedades particulares de Mª Teresa López García.

Zona da Costa.

Cabida: 18,5 ha (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: propiedades particulares de José Blanco Prado, Manuel Fernández Rey e Manuel Mariño Lamas.

Sur: río Deza e propiedades particulares de Manuel González Penalta, Gerardo Lamela Taboada e Esther M. García Moreira.

Leste: propiedades particulares de José M. Mariño Lamas, Manuel Fernández Rey, Sara Lamela Rois, Antonio Rodríguez Castro, Manuel García López, Manuel González Penalta, Concepción González Gamallo, Magín García Sanmartín, Luis Lareo Taboada, Manuel Fernández Rey, Antonio Fernández Iglesias.

Oeste: propiedades particulares de Mercedes Rodríguez Mosquera, Manuel Mariño Lamas, Antonio Rodríguez Castro, José Vales Mato, Nieves Iglesias, José Granja Barreia, Manuel Fernández Rey, José Balo Barros, José Vales Mato, Magín García Sanmartín, Mario García Sanmartín, Manuel García López e Antonio Rodríguez Castro.

Zona do Cruceiro.

Parcela primeira.

Cabida: 1.750 m (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: propiedades particulares de José Granja Barreira e herdeiros de Manuel Cortizo Rozas.

Sur: camiño público.

Leste: camiño público e capela.

Oeste: propiedades particulares de José Granja Barreira.

Parcela segunda.

Cabida: 2.400 m (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: camiño veciñal.

Sur: propiedades particulares de José Blanco Prado.

Leste: propiedades particulares de Manuel González Penalta e Esther M. García Moreira.

Oeste: Muro.

Parcela terceira.

Cabida: 14.300 m (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: propiedades particulares de Manuel González Penalta e Gerardo Lamela Taboada.

Sur: propiedades particulares de Manuel García López e José Vales Mato.

Leste: propiedades particulares de José Blanco Prado.

Oeste: propiedades particulares de Manuel González Penalta.

Quinto.-O rexistrador da propiedade de Lalín certifica con data 17 de marzo de 2003 que o monte solicitado non aparece inscrito a favor de persoa ningunha.

Sexto.-Con data 27 de marzo de 2003 o presidente do xurado acordou abri-lo período de audiencia cun prazo dun mes. Data de saída 31 de marzo de 2003 e publicado no DOG con data 6 de maio de 2003.

Sétimo.-No período de audiencia presentáronse as seguintes alegacións:

a) Mª del Carmen Crespo Brea alegou:

-Que a parcela situada na zona do Cruceiro é en realidade varias parcelas, tendo todas elas propietarios particulares, e que na zona non existe ningunha propiedade comunal. Xunta entre outra documentación, escritura de compravenda e diversa documentación da Xerencia Territorial do Catastro.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común ten a competencia para coñece-los expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter a teor do establecido no artígo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común. Expedientes que se iniciarán, de conformidade co establecido no artigo 19 do Decreto 260/1992 polo que se aproba o regulamento da Lei 13/1989, por instancia, entre outros, de calquera veciño ou grupo de veciños, circunstancia que concorre no solicitante.

Segundo.-De conformidade co artigo 1 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 1 do Decreto 240/1992,

do 4 de setembro, cómpre entender por montes veciñais en man común «... os terreos radicados na Comunidade Autónoma de Galicia que, con independencia da súa orixe, das súas posiblidades productivas, do seu aproveitamento actual e da súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e que os veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade, sen asignación de cotas, os membros daquelas na súa condición de veciños».

Así, segundo abondosa xurisprudencia, o feito que xustifica a clasificación ou non como veciñal dun determinado monte, en vía administrativa, é a circunstancia de terse ou non demostrado o aproveitamento consuetudinario en man común, prescindindo das cuestións relativas á propiedade e demais dereitos reais.

Terceiro.-O uso en man común do monte Anzo tense suficientemente acreditado polos informes do Servicio de Montes e Industrias Forestais, principalmente o informe do 10 de febreiro de 2003.

Cuarto.-Da documentación achegada por Mª del Carmen Crespo Brea resulta:

Que con posterioridade á incoación do expediente, a alegante adquiriu mediante escritura pública a cesión duns dereitos hereditarios que correspondían ó matrimonio formado por Manuel Cortizo e Purificación Rozas, que na citada escritura, non se fan descrición dos bens que integran a herdanza dos ditos causantes, non determinándose se esa cesión se refire á totalidade da herdanza ou a unha parte dela.

Por outra banda, as certificacións que achega da Xerencia Territorial do Catastro de determinadas parcelas, non permiten determinar se se atopan situadas dentro do perímetro da zona da que a clasificación se pretende e sen que ademais o feito de figurar no dito rexistro público soamente ten valor para efectos fiscais, ó que se engade que a Lei 13/1989, do 10 de outubro, o que establece é atribuí-la propiedade á comunidade veciñal correspondente sen prexuízo de acudir á xurisdicción ordinaria para dilucida-las cuestións sobre a propiedade que se poidan formular.

Cabe subliñar que a certificación rexistral que consta no expediente sinala que non figuran inscritas as parcelas das que a clasificación se pretende a favor de persoa ningunha. En todo caso, no peor dos supostos ó efectuarse o deslinde do monte, é cando poderá definirse claramente ata onde pode delimitarse o monte clasificado coas propiedades particulares, dado que non se achega ningunha proba sobre tal extremo.

En consecuencia, vista a Lei galega 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e o seu regulamento, aprobado por Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e demais preceptos legais e regu

lamentarios, de xenérica e específica aplicación, o instructor propón e de maneira unánime o xurado

ACORDA:

Clasificar como veciñal en man común o monte Anzo, a favor dos veciños da parroquia de Anzo, do concello de Lalín correspondéndose coa descrición reflectida no feito cuarto e a planimetría elaborada para o efecto polo Servicio de Montes e Industrias Forestais que forma parte inseparable da presente resolución.

Contra a presente resolución que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da presente notificación, de acordo co disposto no artigo 109 e 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Pontevedra, 26 de xuño do 2003.

José Antonio López Rodríguez

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra