Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 28 de xullo de 2003 Páx. 9.924

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2003, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se fai público o Acordo do 7 de marzo de 2003 sobre a necesidade de avaliación de impacto ambiental do proxecto modificado do Plan Parcial de Ordenación de SUNP área 8 e SNUG de Tarrío, no concello de Culleredo (A Coruña), promovido polo Concello de Culleredo. (Clave 0940/2002).

En data do 3 de outubro de 2002 recíbese documentación sobre o proxecto modificado do Plan Parcial de Ordenación de SUNP área 8 e SNUG de Tarrío (Culleredo, A Coruña).

O obxecto do proxecto é a ordenación dun solo clasificado como solo urbanizable non programado (SUNP) en solo urbanizable, destinado a usos industriais e compatibles, de acordo co vixente Plan Xeral de Ordenación Urbana do Concello de Culleredo e a súa normativa urbanística.

Para isto será precisa a realización de obras de movementos de terras; aplicación de aglomerado asfáltico e pavimentación para a rede viaria; construcción de redes de abastecemento, saneamento, rega, electricidade, iluminación, gas e telefonía; xardinería; mobiliario urbano e sinalización, etcétera.

O Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental, modificado pola Lei 6/2001, do 8 de maio, establece que os proxectos incluídos no seu anexo II só deberán someterse a unha avaliación de impacto ambiental cando así o decida o órgano ambiental en cada caso, axustándose ós criterios indicados no anexo III.

O proxecto modificado do Plan Parcial de Ordenación de SUNP área 8 e SNUG de Tarrío (Culleredo, A Coruña) está incluído no punto 7 do anexo II do citado real decreto lexislativo.

Unha vez avaliada a documentación presentada e recibido informe da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, e atendendo ós criterios indicados no citado anexo III, destacan as seguintes características do proxecto:

-A área de actuación ocupa unha extensión de 13 ha.

-Non se prevé a utilización ou explotación de recursos existentes na área de actuación e o seu contorno.

-Tanto as redes de abastecemento como as de saneamento conectaranse ás xerais do concello.

-Na zona onde se localiza o proxecto sitúanse xacementos arqueolóxicos recollidos no Inventario de Xacementos Arqueolóxicos de Galicia que poderían verse afectados polo proxecto.

Á vista do anterior, e en virtude do artigo 1.2 do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental, modificado pola Lei 6/2001, do 8 de maio, e tendo en conta que da realización da obra non se prevén impactos adversos significativos sobre o medio ambiente, esta dirección xeral resolve que é innecesario someter ó procedemento de avaliación de impacto ambiental o documento denominado proxecto modificado do Plan Parcial de Ordenación de SUNP área 8 e SNUG de Tarrío (Culleredo, A Coruña), promovido polo Concello de Culleredo.

Sen embargo, haberá que aterse ó disposto na Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia no que respecta ó impacto do proxecto sobre o patrimonio cultural, sendo conveniente a realización dun estudio específico do impacto do proxecto sobre o patrimonio cultural onde sexan establecidas as posibles afeccións neste patrimonio. O estudio incluirá unha prospección arqueolóxica, levada a cabo por técnicos competentes, de acordo cun proxecto presentado e autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2003.

José Luis Díez Yáñez

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental