De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Profesional de Redeiras Maruxía de Cambados, que abranguen os seguintes ámbitos.
Territorial: concello de Cambados.
Profesional: dar a coñece-las actividades de redeiras ante terceiros, outras asociacións do sector, armadores, Administración pública, etc.
Asinan a acta de constitución: Nera Trigo Durán e outras.
Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.
Vigo, 1 de xullo de 2003.
Joaquín Macías Sánchez
Delegado Provincial de Pontevedra