Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 28 de xullo de 2003 Páx. 9.928

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Profesional de Redeiras A Torre de Cambados.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Profesional de Redeiras A Torre de Cambados, que abranguen os seguintes ámbitos.

Territorial: concello de Cambados.

Profesional: reunir no seu seo a tódalas redeiras de Cambados que na defensa dos seus intereses procuren a colaboración entre as súas socias.

Asinan a acta de constitución: María Teresa Costa Viéitez e outras.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 1 de xullo de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado Provincial de Pontevedra