Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 28 de xullo de 2003 Páx. 9.928

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2003 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto, a adxudicación por concurso e tramitación urxente, das obras que se citan. (Expediente LU-14-05-03-01 e catro máis).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Proxectos e Obras.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: urbanización no porto de Burela.

-Clave do expediente: LU-14-05-03-01.

-Orzamento base de licitación: un millón doscentos cincuenta e tres mil cincocentos trinta e un con vinteoito (1.253.531,28) euros.

-Prazo de execución: doce (12) meses.

-Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría d.

-División por lotes: non hai.

b) Descrición do obxecto: muro para estabilización de noiro en Sada.

-Clave do expediente: CO-12-13-03-01.

-Orzamento base de licitación: douscentos noventa e dous mil trinta e nove con oitenta e oito (292.039,88) euros.

-Prazo de execución: seis (6) meses.

-Clasificación: grupo B, subgrupo 2, categoría d.

-División por lotes: non hai.

c) Descrición do obxecto: pavimentación do peirao comercial en Laxe.

-Clave do expediente: CO-12-21-03-01.

-Orzamento base de licitación: cento sesenta e catro mil oitocentos setenta e catro con setenta e oito (164.874,78) euros.

-Prazo de execución: seis (6) meses.

-Clasificación: grupo G, subgrupo 3, categoría c.

-División por lotes: non hai.

d) Descrición do obxecto: ampliación da explanada de servicios en Ribeira.

-Clave do expediente: CO-12-48-03-01.

-Orzamento base de licitación: dous millóns cincocentos corenta e cinco mil cincocentas cincuenta con vintesete (2.545.550,27) euros.

-Prazo de execución: quince (15) meses.

-Clasificación: grupo F, subgrupo 3, categoría e.

-División por lotes: non hai.

e) Descrición do obxecto: nova cuberta na lonxa de Ribeira.

-Clave do expediente: CO-12-48-03-02.

-Orzamento base de licitación: seiscentos vinteseis mil cincocentos trinta e dous con dezanove (626.532,19) euros.

-Prazo de execuxión: catro (4) meses.

-Clasificación: grupo C, subgrupo 3, categoría e.

-División por lotes: non hai.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto e concurso.

4. Garantías.

-Provisional: non se esixe.

-Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa 10 A-4º.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

d) Teléfono: 981 54 53 22.

e) Telefax: 981 54 72 16.

f) E en Copy Nino, rúa Xeneral Pardiñas, 2, Santiago de Compostela. Teléfono: 981 59 03 02.

g) Enderezo na Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N= 2854, 2855, 2859, 2860 e 2861.

6. Requisitos específicos do contratista.

-Clasificación, se é o caso: a esixida, para cada contrato, no punto 2 anterior.

7. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que ese día coincida en sábado, domingo ou festivo o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o indicado na cláusula 2.2.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar da presentación:

1ª Entidade: as proposicións presentaranse en sobres pechados no rexistro do ente público Portos de Galicia.

2ª Domicilio: praza de Europa, 5 A-6º.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707 (ou no disposto no artigo 80.4º do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas).

d) Prazo durante o que o licitador obrígase a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: admítense variantes.

8. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas de Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa, 10-4, 4º (Área Central).

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas.

No caso de que ese día coincida en sábado, domingo ou festivo, a apertura realizarase o día hábil seguinte.

e) Hora: 9.00 horas.

9. Outras informacións.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación do sobre A, e publicará no taboleiro de anuncios dos servicios centrais de Portos de Gali

cia o resultado da apertura, para que se emenden, dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na documentación.

10. Gastos dos anuncios.

Este anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2003.

Carlos Negreira Souto

Presidente do ente público Portos de Galicia