Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 28 de xullo de 2003 Páx. 9.913

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DAS PALMAS DE GRAN CANARIA

ACTA (48/2002).

Nas Palmas de Gran Canaria o 9 de xuño de 2003, á hora fixada e constituído en audiencia pública o maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número catro, Javier R. Díez Moro, asistido de min como secretario, son chamadas as partes desde a porta do xulgado polo axente xudicial, dando as voces preceptivas e comparecen:

Da parte demandante: Antonio Seoane Cobas, representado pola licenciada Lda. Cristina Ravelo Ferrer.

Con carácter pevio á apertura do acto, e logo da venia de S.SªI. formúlase solicitude de arquivo provisonal de acordo coas seguintes alegacións: mentres sexa resolto pola Sala de TSX Canarias o despedimento do demandante con empresas aquí demandadas, para efectos de recoñecemento de períodos e cantidades no procedemento de referencia reclamada.

En vista do cal, po S.SªI., procédese a dictar in voce a seguinte resolución:

Auto.

Visto o que antecede, e:

Feitos.

Primeiro.-que por Antonio Seone Cobas foi formulada demanda contra Miguel García Ruiz, Compañía Insular del Gas, S.L., Terogas, S.L., Europea de Gas Butano, S.L., Iberbutano, S.L., Insugas, S.L. sobre ordinario, e admitida a trámite polas normas de procedemento de aplicación convocouse ás partes ós actos de conciliación se é o caso, e de xuízo.

Segundo.-Que antes da celebración do acto sinalado, solicítase o arquivo provisional do proceso verténdose ó respecto as alegacións das partes que constan con antelación.

Razoamentos xurídicos.

Primeiro.-Que ó abeiro do previsto no artigo 83 da LPL, por petición das partes ou por motivos xustificados e acreditados poderán suspenderse por unha vez os actos de conciliación e xuízo, e excepcionalmente e por circunstancias graves adecuadamente probadas, poderá acordarse unha segunda suspensión.

Segundo.-Que por imperio do artigo 19 da LEC, en relación co artigo 179.2º desta lei de aplicación subsidiaria, os litigantes están facultados para dispor do obxecto de xuízo e solicita-la suspensión do proceso, salvo prexuízo do interese xeral ou de terceiros,

e sempre que a lei non o prohíba polo que non procede acceder á solicitude do arquivo provisional, tácita e loxicamente comprendida entre as facultades que a lei outorga ás partes en relación ó proceso.

Vistos os preceptos legais dictados e demais de xeral e pertinente aplicación ó caso, S.Sª.I. ante min o secretario, dixo:

Decrétase o arquivo provisional deste procedemento que permanecerá en tal situación mentres non se solicite a súa continuación, sen prexuízo, se é o caso, da caducidade da instancia.

Póñase o oportuno asento nos libros de rexistro da súa razón.

Notifíquese esta resolución ás partes en legal forma, facéndose saber ó tempo que contra esta cabe interpor recurso de reposición ante este xulgado, dentro do prazo de cinco días hábiles seguintes á súa notificación.

Así, acórdase, manda e asina.

Dictada e publicada pola súa lectura a anterior resolución por S.SªI. dáse por rematado o acto, e estendida esta notificación, é lida e asinada polos concorrentes, en proba de conformidade e constancia, de recibir copia da acta e quedar debidamente notificados, despois de S.SªI. e conmigo o secretario, dou fe.

Para notificarlle á empresa Europa de Gas Butano, S.L.

Ante min:

Rubricado