Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 28 de xullo de 2003 Páx. 9.914

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (45/2003).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 45/2003, por instancia de Amelia Graña Mata contra Limpiezas Sor Mallos, S.L. sobre salarios, nos que recaeu sentencia, con data do 24 de xuño de 2003 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que estimando a demanda formulada por Amelia Graña Mata, contra a empresa Limpiezas Sor Mallos, S.L., condeno a esta a aboarlle a cantidade de 1.313,64 euros, que lle debe en concepto de salarios.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Limpiezas Sor Mallos, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 27 de xuño de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado