Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 28 de xullo de 2003 Páx. 9.912

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (80/1995).

En Santiago de Compostela o catorce de marzo de dous mil tres.

José Gómez Rey, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, fai saber:

Que neste xulgado se seguen autos de xuízo de menor contía 80/1995, tramitados por instancia de: parte demandante:

Manuel Castro Sueiro, Antonio Gago Vilaso, Ramiro Varela Cives, Carlos Otero Suárez, Santiago Sinei

ro García contra Construcciones Ruafer, S.A, Celestino Gesto Ramos, Blanca Alonso Blanco, comunidade de propietarios do edificio sito na r/ Fernando III O Santo nº 6, 28-30, Comunidade de Propietarios da Praza O Ensanche de Santiago de Compostela(rúa da Rosa), José García Trigo, María José Enríquez Morales, Albino Castro Martínez, Pilar Sanjurjo Bermúdez, Antonio Castro Sueiro, Mercedes Ces Filgueira, Antonio Vieites Agra, María Mouzo Grille, Luis María Herbella Torrón, Rosa María Lorenzo López, María José Couto Cepeda, Carlos López Picon, Ramón Conde Montaña, Carlos Carril Pedreira, María del Carmen Ramón de Pérez, Modesto Salgado Seco, Manuel Hermida Santos, María del Carmen Pose Vázquez, María del Carmen Sambado Otero, Agustín Agulleiro Casais, Andrés Cabarcos Senra, Julia Ortiz de Barron Álvarez, Antonio Pérez Gonzales, Rogelia Rodríguez García, Vicente Turnes Martínez, José Gómez Blanco, Peregrina Pérez Castiñeiras, José Moas Vilas, Francisca Pérez Prol, Noemí Suárez García,

Francisco Gude Sampedro, Nicolás Camino Huertas, María José Adela Gómez Villegas, Dolores Enma Montes Cantora, Juan Sanz Gil, María del Carmen Peña Prol, Manuel Pazos Lois, María Recarei Gerpe, Victoria Sánchez González, Mark William Seiymo, José Silva Castro, Manuela Martelo Núñez, Manuel Cordeiro Paramos, Manuela Silva Castro, Faustino Cabero Columba, Luisa Miro Castro, Juan Manuel Caamaño Mata, Divina Terra Turnes, José Luis Sánchez Ferraces, María de la Soledad Pintos Peñaranda, Delfín Montero Fernández, Susana Manteiga García, Consuelo Camba Mengoti, José Martínez Besada, María del Pilar Fernández García, José Luis Sánchez López, y contra calquera descoñecido o incerto que puidese ter interese nas presentes actuacións, ampliándose con posterioridade a demanda mediante auto do 16 de marzo de 2001 contra Mario Douton e Carmen Ferreiro, José García Franja y Divina Pastora Freire, Manuel Pérez Sanmarcos, María del Carmen Castro Carballal e Isaura Mosquera Cornes, recaeu sentencia

cunha resolución que literalmente é como segue:

«Estimo parcialmente a demanda presentada por Ramiro Varela Cives, Santiago Sineiro García, Manuel Castro Sueiro, Antonio Gago Vilaso e Carlos Otero Suárez, contra Construcciones Ruafer, S.A, Celestino Gesto Ramos, Blanca Alonso Blanco, comunidade de propietarios do edificio sito na r/ Fernando III O Santo nº 28-30, Comunidade de Propietarios da Praza O Ensanche de Santiago de Compostela (rúa da Rosa), José García Trigo, María José Enríquez Morales, Albino Castro Martínez, Pilar Sanjurjo Bermúdez, Antonio Castro Sueiro, Mercedes Ces Filgueira, Antonio Vieites Agra, María Mouzo Grille, Luis María Herbella Torrón, Rosa María Lorenzo López, María José Couto Cepeda, Carlos López Picon, Ramón Conde Montaña, Carlos Carril Pedreira, María del Carmen Ramón de Pérez, Modesto Salgado Seco, Manuel Hermida Santos, María del Carmen Pose Vázquez, María del Carmen Sambado Otero, Agustín Agulleiro Casais, Andrés Cabarcos Senra, Julia Ortiz de Barron Álvarez, Antonio Pérez González, Rogelia Rodríguez

García, Vicente Turnes Martínez, José Gómez Blanco, Peregrina Pérez Cas

tiñeiras, José Moas Vilas, Francisca Pérez Prol, Noemí Suárez García, Francisco Gude Sampedro, Nicolás Camino Huertas, María José Adela Gómez Villegas, Dolores Enma Montes Cantora, Juan Sanz Gil, María del Carmen Peña Prol, Manuel Pazos Lois, María Recarei Gerpe, Victoria Sánchez González, Mark William Seiymo, José Silva Castro, Manuela Martelo Núñez, Manuel Cordeiro Paramos, Manuela Silva Castro, Faustino Cabero Columba, Luisa Miro Castro, Juan Manuel Caamaño Mata, Divina Terra Turnes, José Luis Sánchez Ferraces, María de la Soledad Pintos Peñaranda, Delfín Montero Fernández, Susana Manteiga García, Consuelo Camba Mengoti, José Martínez Besada, María del Pilar Fernandez García, José Luis Sánchez López, Mario Douton Vázquez, Carmen Ferreiro, José García Franja, Divina Pastora Freire, María del Carmen Castro Carballal, Isaura Mosquera Cornes e contra ccalqueira descoñecido ou incierto que puidera ter interese nas presentes actuacións e, en consecuencia:

a) Declaro a nulidade de pleno dereito das cláusulas 2ª, 3ª, 4ª, 5ª, 6ª, 7ª, 8ª, 12ª, 13ª, 15ª e 16ª contidas nos estatutos da escritura do 23 de novembro de 1983. Establécense como cláusulas estatutarias as contidas nos estatutos aceptados polos demandantes e que figuran como anexos ós contratos de compravenda.

b) Condeno os demandados Celestino Gesto Alonso e Blanca Alonso Blanco ó peche e á clausura do hotel aberto na planta sexta e lavandería da planta soto, así como á retirada do cartel anunciador colocado na fachada do edificio.

c) Condeno a Construcciones Ruafer, S.A. ó outorgamento dos documentos públicos de compravenda ós demandantes, de acordo co título que resulte da sentencia.

d) Acórdase librar mandamento ó rexistrador da propiedade de Santiago de Compostela, ordenando que se cancelen as inscricións existentes no rexistro, referidas ás cláusulas que se declaren nulas do título constitutivo referente á comunidade de Fernando III O Santo, números 28 e 30.

Desestímanse os restantes pedimentos da demanda formulados con carácter principal, sen entrar a coñecer o fondo do asunto en relación co pedimento e), por considerar que concorre unha situación de litisconsorcio pasivo necesario.

Cada parte aboará as custas causadas á súa instancia e as comúns por metade, con excepción dos demandados que se conformaron á demanda, ós que non se lles impoñen as custas.

Modo de impugnación: mediante recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña (artigo 455 da LACn). O recurso prepararase por medio de escrito presentado neste xulgado no prazo de cinco días hábiles contados desde o día seguinte ó da notificación, limitado a cita-la resolución apelada, manifestando a vontade de recorrer, con expresión dos pronunciamentos que impugna (artigo 457.2º LACn)».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a calquera descoñecido ou incerto que puidese ter interese nestas actuacións, expido esta cédula no lugar e na data arriba indicados.

O maxistrado xuízO/A secretario/a

RubricadoRubricado

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO

DAS PALMAS DE GRAN CANARIA