Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 28 de xullo de 2003 Páx. 9.911

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE PONTEVEDRA

CÉDULA de notificación de sentencia (442/2001).

Mª Isabel Vicente Cabezas, secretaria del Juzgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Pontevedra, dou fe que nos autos que se relacionan recaeu sentencia:

Procedemento: xuízo ordinario 442/2001.

Maxistrado xuíz: Juan José Trashorras García.

Partes:

Demandantes: Javier César Santiago Fernández e María Isabel Pita León (representados polo procurador Sr. López López e defendidos polo letrado Sr. Devesa Pérez-Bobillo).

Demandados: entidade mercantil Cons-Ca Sa 86, S.A. (procurador Sr. Portela, letrado Sr. Sánchez), Construcciones Santiso Alba, S.L. (rebelde), José Ángel Hermo Túñez (procurador Sr. Portela, letrado Sr. Munáiz), Ignacio Hermo Túñez e José María Caeiro Rodríguez (procurador Sr. Cid, letrado Sr. Estarque).

Sobre acción de reclamación de danos e perdas derivados de vicios da construcción,

«Decido que desestimando a excepción de prescrición e estimando parcialmente a demanda interposta polo procurador Sr. López López, en nome e representación de Javier César Santiago Fernández e María Isabel Pita León, contra a entidade mercantil Cons-Ca Sa 86, S.A., representada polo procurador Sr. Portela, a entidade mercantil Construcciones Santiso Alba, S.L. (rebelde), José Ángel Hermo Túñez, representado polo procurador Sr. Portela, Ignacio Hermo Túñez e José María Caeiro Rodríguez, representados polo procurador Sr. Cid, debo condenar e condeno a entidade mercantil Cons-Ca Sa 86, S.A. a realizar na vivenda unifamiliar sita na rúa Illa de Tambo, nº 86 as obras necesarias para elimina-los defectos seguintes: xunta exposta no revestimento monocapa arredor do pavimento da escaleira de saída ó xardín traseiro; fisuración no revestimento do marco de albanelería no que se aloxa a ventá tipo Velux do baixocuberta; sinais de humidade no revestimento da parede interior da fachada principal,

por encima do rodapé e na esquina do dormitorio principal; deterioración e desprendemento da capa de pintura, por encima do rodapé e escurecementos puntuais del na parede adxacente á porta principal; cambio de color e principio de apodrecemento da primeira peza

do parqué ó lado da entrada da porta principal; fisuración do tamaño aproximado de 0,2-0,4 mm no teito da sala en forma de zigue-zague; empanamento interno de tres vidros tipo Climalit instalados nas ventás sur da sala (deben ser substituídos); deterioración leve do revestimento na base das paredes que non son nin de bloque nin de formigón no soto; humidades de condensación favorecidas por filtracións no teito da cociña, que están debaixo dos puntos en que as guías da porta do garaxe se incrustan no chan, e que romperon o pavimento cando se procedeu á súa colocación (deberase restituí-lo pavimento, colocarse de novo e correctamente as guías e facer desaparece-las humidades); ausencia no garaxe de elemento de ventilación de 25 cm para a evacuación de posibles fugas de instalación de gas (lesión 23); cambio de cor (amarelento) do revestimento en xeso da parede do tramo que baixa ó soto; crecemento de fungos por debaixo da ventá do dormitorio 1 do primeiro piso e conducción do cableado

en parte sen entubar baixo o pavimento (deberase proceder ó seu entubamento), desestimando a demanda nos restantes pedimentos e absolvendo os demandados das pretensións formuladas na súa contra.

En canto ás custas, cada parte pagará as causadas pola súa instancia e as que sexan comúns por partes iguais, agás as causadas ós demandados absoltos, que serán satisfeitas pola actora.

Así, por esta miña sentencia, que se lles notificará ás partes en legal forma, e contra a que cabe preparar perante este xulgado e por escrito recurso de apelación no prazo de cinco días, contados desde a súa notificación, que resolverá a Audiencia Provincial de Pontevedra, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lles sirva de notificación ós demandados rebeldes, expido este edicto en Pontevedra o 4 de xuño de 2003.

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA