Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 28 de xullo de 2003 Páx. 9.910

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE BETANZOS

EDICTO (391/2002).

Nos autos de verbal número 391/2002, seguidos por instancia do procurador Carlos García Brandariz, en nome e representación de Mercedes Barbeito Roel, contra Juan e José Roel Fariña e os seus herdeiros descoñecidos e incertos, sobre acción declarativa de dominio, dictouse con data 27-3-2003 sen

tencia que contén o encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

«Pilar Carreira Vidal, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos e o seu partido, pronunciou en nome de El-Rei a seguinte:

Sentencia número 40.

En Betanzos o vintesete de marzo de dous mil tres.

Vistos os presentes autos de verbal número 391/2002, seguidos por instancia de Mercedes Barbeito Roel, con domicilio en Abegondo, representada polo procurador Carlos García Brandariz, contra Juan Roel Fariña, José Roel Fariña e os seus herdeiros descoñecidos e incertos, con domicilio descoñecido, sobre acción declarativa de dominio.

Decido que debo estimar e estimo substancialmente a demanda promovida polo procurador Carlos García Brandariz, en nome e representación de Marcedes Barbeito Roel, contra Juan Roel Fariña, José Roel Fariña e os seus herdeiros descoñecidos e incertos, declarados en rebeldía, e declaro a súa propiedade sobre os predios rústicos, dedicados ó labradío no sitio que chaman Fonte, sitas no termo municipal de Abegondo, parroquia de San Pedro de Crendes, no polígono nº 2:

Parcela de concentración parcelaria nº 242, cunha extensión superficial de 15 áreas e 82 centiáreas; linda: norte con camiño; sur: Mercedes Barbeito Roel (246); leste: Francisco Barbeito Roel (241) e oeste: Francisco Barbeito Roel (243) e

Parcela de concentración parcelaria nº 245, cunha superficie de 10 áreas e 34 centiáreas. Linda: norte, Héctor Barbeito Roel (244); sur e leste: Mercedes Barbeito Roel (246) e oeste: camiño.

Procédase á cancelación das inscricións rexistrais contradictorias que con referencia ó citado predio constan no Rexistro da Propiedade de Betanzos e inscríbase a título privativo de Mercedes Barbeito Roel.

Todo iso con imposición de custas ó demandado.

Notifíqueselles ás partes esta resolución e fágase saber que contra ela poden interpor recurso de apelación, que deberá prepararse ante este mesmo xulgado, no prazo improrrogable de cinco días seguintes á súa notificación, presentando para o efecto o correspondente escrito, que se limitará a cita-la resolución apelada e a manifestar vontade de recorrer con expresión do pronunciamento que se impugna.

Líbrese e únase certificación desta resolución ás actuacións conclusión do orixinal no libro de sentencias deste xulgado.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E en cumprimento do acordado, para a súa publicación no BOP, e para que sirva de notificación

en forma ó demandado rebelde Juan e José Roel Fariña e os seus herdeiros descoñecidos e incertos, con domicilio descoñecido, expídese este edicto en Betanzos o 13 de maio de 2003.

O/a secretario/a

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE PONTEVEDRA