Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 28 de xullo de 2003 Páx. 9.910

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE BETANZOS

EDICTO (123/2002).

Nos autos de verbal número 123/2002, seguidos por instancia do procurador Carlos García Brandariz, en nome e representación de Juan Antonio Freire Varela, contra Jesús Freire Faraldo e os seus herdeiros descoñecidos e incertos, sobre acción declarativa de dominio, dictouse con data 7-10-2002 sentencia que contén o encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

«Pilar Carreira Vidal, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos e o seu partido, pronunciou en nome de El-Rei a seguinte sentencia número 126.

En Betanzos o sete de outubro de dous mil dous.

Vistos os presentes autos de verbal civil número 123/2002, seguidos por instancia de Juan Antonio Freire Varela, con domicilio en Lamela de Arriba (Irixoa), representado polo procurador Carlos García Brandariz, contra Jesús Freire Faraldo e os seus herdeiros descoñecidos e incertos, declarados en rebeldía, sobre acción declarativa de domonio.

Decido que de debo estimar e estimo integramente a demanda promovida polo procurador Carlos García Brandariz, en nome e representación de Juan Antonio Varela Freire contra Jesús Freire Faraldo e os seus herdeiros descoñecidos e incertos, e declaro propietario do predio rústico no sitio de Arribas, parcela de concentración parcelaria número 92 na zona de San Salvador de Coruxou, no termo municipal de Irixoa a Juan Antonio Freire Varela ó tela adquirido por prescrición extraordinaria.

Procédase á cancelación das inscricións rexistrais contradictorias que con referencia ó devandito predio constan no Rexistro da Propiedade de Betanzos e inscríbase este a nome de Juan Antonio Freire Varela.

E todo iso con expresa imposición de custas ó demandado.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución e fágaselles saber que contra ela poden interpoñer recurso de apelación, que se deberá preparar ante o mesmo xulgado, no prazo improrrogable de cinco días seguintes á súa notificación, presentando para o efecto o correspondente escrito, que se limitará a cita-la resolución apelada e a manifesta-la vontade de recorrer con expresión do pronunciamento que se impugna.

Líbrese e únase certificación desta resolución ás actuacións conclusión do orixinal no libro de sentencias deste xulgado.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E en cumprimento do acordado, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e para que lle sirva de notificación ó demandado rebelde Jesús Freire Faraldo e ós seus herdeiros descoñecidos e incertos, con domicilio descoñecido, expídese este edicto en Betanzos o 13 de maio de 2003.

O/A secretario/a

Rubricado