Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 28 de xullo de 2003 Páx. 9.909

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 17 de xullo de 2003 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, anunciada por orde desta consellería do 14 de marzo de 2003 (Diario Oficial de Galicia número 60, do 26 de marzo).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, mediante Orde do 14 de marzo de 2003 (DOG número 60, do 26 de marzo), de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación dun posto de traballo vacante na Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, anunciada pola Orde do 14 de marzo de 2003 (DOG número 60, do 26 de marzo).

Segundo.-Declarar deserta a citada convocatoria.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo

competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2003.

María José Cimadevila Cea

Conselleira de Asuntos Sociais, Emprego

e Relacións Laborais

ANEXO

Denominación: inspector de Servicios Sociais.

Código: AS.C02.00.002.15770.021.

Nivel 1: 25.

Complemeto específico: 7.606,08.

Gr.: AB.

Corpo/escala: xeral.

Adscr. adm. p.: A11.

Tit. acad.: 2998-3001-3024-3030-3041.

Descrición códigos da adscrición a administracións públicas:

A11: adscrición indistinta a funcionarios da Administración da Xunta de Galicia, Administración do Estado, Administración das comunidades autónomas.

Descrición códigos de titulación académica:

2998: titulado superior.

3001: arquitectura técnica.

3024: graduado social.

3030: asistente social.

3041: diplomado traballo social.

Descrición códigos de formación específica:

640: para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (requisito indispensable).

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE

BETANZOS