Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 28 de xullo de 2003 Páx. 9.909

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO

ORDE do 21 de xullo de 2003 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, anunciada por orde desta consellería do 20 de xuño de 2003 (Diario Oficial de Galicia número 125, do 30 de xuño).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, mediante Orde do 20 de xuño de 2003 (DOG nº 125, do 30 de xuño), de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería,

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ó funcionario que se expresa no anexo desta orde, seleccionado conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada por orde desta consellería do 20 de xuño de 2003.

Segundo.-O cesamento no actual destino do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data na que debe cesar no seu destino o funcionario está desfrutando un período de licencia, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ó da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade na que actualmente presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes, de tratarse de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro.-O xefe do centro no que cause baixa o funcionario, así como o daquel no que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no apartado anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta conselleira, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo

competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2003.

Pilar Rojo Noguera

Conselleira de Familia, Xuventude,

Deporte e Voluntariado

ANEXO

NRP: 3265488435 A2059.

Grupo: D.

Apelidos e nome: Cobo García, Marco Antonio.

Código do posto: FA.C02.00.000.15770.001.

Denominación: secretario/a de conselleiro/a.

Nivel: 20.

Dependencia: Secretaría Xeral.

Localidade: Santiago de Compostela.

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS

LABORAIS