Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 28 de xullo de 2003 Páx. 9.908

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, pola que se publica a convocatoria para provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo na Deputación Provincial de Ourense, entre funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional.

De conformidade e co disposto no artigo 28 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, sobre provisión de postos de traballo reservados a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional e no exercicio da competencia atribuída polo artigo 13 bis da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e a Orde do 12 de febreiro de 2003 sobre delegación de competencias, esta secretaría xeral

DISPON:

Publica-las bases da convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, entre funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional, do posto de tesoureiro/a da Deputación Provincial de Ourense que se acompañan coa presente resolución.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2003.

P.D. (Orde 12-2-2003)

Manuel E. Martínez Oubiña

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local

Corporación: Deputación Provincial de Ourense.

Obxecto: as presente bases teñen por obxecto rexe-la convocatoria, que vai ser efectuada pola Presidencia, para cubrir, polo sistema previsto no artigo 99.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, segundo a redacción dada pola Lei 10/1993 (BOE 22 de abril), o seguinte posto reservado a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Denominación do posto: tesoureiro.

Corpo ou escala: Intervención-Tesourería.

Características do posto:º.

a) A praza para cubrir está incluída no cadro de persoal desta deputación.

b) O complemento de destino asignado á praza é o correspondente ó nivel 30 e o seu sistema de provisión o de libre designación.

c) O complemento específico anual fixado para este posto é de 23.125,62 euros.

Requisitos.

a) Será requisito indispensable para concorrer á convocatoria e poder desempeñar o posto, no caso de ser nomeado, estar integrado na subescala de

intervención-tesourería, na categoría superior ou de entrada, de conformidade co disposto no artigo 28 do Real decreto 1174/1987.

b) Isto, non obstante, en atención ó prescrito pola disposición transitoria primeira, número 2.a) do Real decreto 1174/1987; tamén poderá concorrer ó posto de tesoureiro, os depositarios pertencentes ós corpos e escalas extinguidas, non integrados en habilitación nacional.

Convocatoria.

a) A convocatoria será remitida pola Presidencia, ó órgano competente da Xunta de Galicia para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e remisión á Dirección Xeral da Función Pública do MAP, para a súa publicación no Boletín Oficial del Estado, conforme o artigo 28 do Real decreto 1732/1994.

Solicitudes.

a) As solicitudes dirixiranse á Presidencia, dentro dos 15 días naturais seguintes ó da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

b) Ademais do contido mínimo previsto no artigo 70.1º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na solicitude deberá indicarse o número de rexistro persoal, a situación administrativa na que se atopa o solicitante e o seu destino.

c) Xunto coas solicitudes, os aspirantes acompañarán o seu currículum vitae, no que constarán os títulos académicos, os anos de servicio, os postos de traballo desempeñados na Administración, os estudios e cursos realizados, outros méritos que estimen oportuno poñer de manifesto e a súa acreditación documental.

d) Acompañaranse, así mesmo, os xustificantes documentais dos títulos ou diplomas que os aspirantes posúan, se é o caso, relativos ó coñecemento da lingua galega.

Nomeamento.

a) Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, a Presidencia procederá, logo de constatación da concorrencia dos requisitos esixidos nestas bases, que se vai dictar a resolución correspondente, na forma e cos requisitos previstos no artigo 28.3º do Real decreto 1732/1994.

b) Da resolución darase conta ó Pleno da Corporación e trasladarase ó órgano competente da Xunta de Galicia e á Dirección de Administración local, para os efectos oportunos.

Toma de posesión: os prazos para a toma de posesión serán os mesmos que os establecidos para os funcionarios con habilitación nacional nomeados en virtude do procedemento de concurso.

Impugnación: a presente convocatoria e cantos actos administrativos se deriven dela, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecida pola Lei de procedemento administrativo común.

CONSELLERÍA DE FAMILIA,

XUVENTUDE, DEPORTE

E VOLUNTARIADO