Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 24 de xullo de 2003 Páx. 9.882

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 26 de xuño de 2003, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se resolve a clasificación do monte Fontamallo do barrio de Xunqueiras do concello da Cañiza.

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado por Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da

Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise constar que:

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais de Pontevedra, dictou a seguinte resolución:

Asistentes.

Presidente: José Antonio López Rodríguez (delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente).

Vocais:

Luis Mª Muiños Vidueira (letrado da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia).

Mª Luisa Pardavila Pazos (avogada polo colexio da provincia).

Manuel Francisco Gutiérrez (xefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais).

Vocais representantes do barrio de Xunqueiras do Concello da Cañiza.

Ramón Mariño Pérez.

Manuel Costas Rodríguez.

Secretaria:

Pilar Pita Ponte (xefa de sección do Servicio Técnico-Xurídico da Delegación de Medio Ambiente).

Na cidade de Pontevedra, sendo as dezasete horas do día 25 de xuño de 2003 coa asistencia das persoas citadas na marxe, reúnese na 3ª planta do edificio sito no nº 47 da rúa Benito Corbal o xurado provincial de clasificación de montes veciñais en man común co obxecto de decidir sobre a clasificación do monte Fontamallo do barrio de Xunqueiras do concello da Cañiza.

Antecedentes de feito.

Primeiro.-José Alvarez Gómez solicitou, en data 17-3-1998, a iniciación dos trámites para a clasificación como veciñal en man común do monte Fontamallo, do barrio de Xunqueiras, parroquia de Couto de Rozas, do concello da Cañiza.

Segundo.-Emendada a falta de achega de documentación e logo de informe do servicio xurídico, o xurado provincial de clasificación de montes veciñais na súa reunión de data 2-4-2002 acordou inicia-los trámites para a clasificación, así como a remisión do expediente ó Servicio de Montes e Industrias Forestais co obxecto de elabora-lo informe preceptivo, nomeándose instructora a Mª Luisa Pardavila Pazos.

Terceiro.-Cumprida e observada a tramitación legal e regulamentariamente esixida, procede a apertura do trámite de audiencia, onde non se fixeron alegacións.

Cuarto.-Visto o informe previo, o informe preceptivo do Servicio de Montes e Industrias Forestais, así como as alegacións formuladas, o monte obxecto

do presente expediente de clasificación, obedece á seguinte descrición:

Concello: A Cañiza.

Parroquia: Couto.

Barrio: Xunqueiras.

Cabida: 3,13 ha (superficie alegada na solicitude).

Límites:

Norte: propiedades particulares de Mercedes S. Álvarez, Estrella Álvarez Carreira, Manuela Álvarez Martínez, Castor Domínguez Pérez, Estrella Álvarez Carreira, Mª Teresa Rodríguez Fernández, José Álvarez Vidal, Mª Rosa Álvarez Vidal, José Bouzo Estévez, Joaquín Álvarez, Germán Araújo, Mª Rosa Álvarez Vidal, Antonio Liste Alejandro e Joselina Álvarez Costas

Sur: concello de Crecente.

Leste: río Ribadil.

Oeste: predios particulares de Mª Lucía Domínguez Alejandro, Joaquín Rodríguez Vázquez, Mª Teresa Rodríguez Fernández e Angelina Fernández Rodríguez.

Descrición:

O monte está poboado por eucaliptus e pinos de diferentes clases de idade.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-O xurado provincial de clasificación de montes veciñais en man común ten a competencia para coñece-los expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter a teor do establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo.-De conformidade co artigo 1 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 1 do Decreto 240/1992, do 4 de setembro, compre entender por montes veciñais en man común «... os terreos radicados na Comunidade Autónoma de Galicia que, con independencia da súa orixe, das súas posibilidades productivas, do seu aproveitamento actual e da súa vocación agraria pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, que os veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade, sen asignación de cotas, os membros daquelas na súa condición de veciños».

Terceiro.-O uso en man común do monte Fontamallo, tense suficientemente acreditado polos informes do Servicio de Montes e Industrias Forestais, acta de manifestacións dos veciños autorizada polo notario da Cañiza, Álvaro Lorenzo-Fariña Domínguez, o día 10 de xullo de 1998, e pola abondosa proba documental aportada.

En consecuencia, vista a Lei galega 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e o seu regulamento, aprobado por Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e demais preceptos legais e regu

lamentarios de xenérica e específica aplicación, é proposto polo instructor, e de maneira unánime o xurado

ACORDA:

Clasificar como veciñal en man común o monte Fontamallo, a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común do barrio de Xunqueiras do concello da Cañiza, correspondéndose coa descrición reflectida no feito cuarto e a planimetría elaborada para o efecto polo Servicio de Montes e Industrias Forestais que forma parte inseparable desta resolución.

Contra a presente resolución que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da presente notificación, de acordo co disposto nos artigos 109 e 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Pontevedra, 26 de xuño de 2003.

José Antonio López Rodríguez

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra