Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 24 de xullo de 2003 Páx. 9.884

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación urxente, para realización do apoio técnico ó Servicio de Administración Informática do Servicio Galego de Colocación, para realiza-las probas dos servicios de conexión co Servicio Público de Emprego Estatal. (Expediente 42/2003).

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato: apoio técnico ó Servicio de Administración Informática do Servicio Galego de Colocación, para realizar-las probas dos servicios de conexión co Servicio Público de Emprego Estatal. (Expediente 42/2003).

3. Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2003.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto, concurso.

5. Orzamento base de licitación. Importe total: sesenta mil euros (60.000 euros, IVE incluído).

6. Garantía provisional: non se esixe.

7. Obtención de documentación e información: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, teléfono: 981 54 56 50/54 01 03, fax: 981 54 56 91.

w.w.w.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2724

8. Clasificación: non se esixe.

9. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Presentación das proposicións:

a) Prazo de presentación: antes das 14.00 horas do oitavo día natural, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, edificio administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

12. Apertura de ofertas: terá lugar na sala de xuntas da consellería situada no enderezo indicado no punto 6 ás 9.30 horas do sétimo día natural, contado desde o día seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións.

13. Gastos dos anuncios: 9,56 euros por liña.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2003.

P.D. (Orde 7-2-2003)

Mª Jesús Yebra Biurrun

Secretaria xeral da Consellería de Asuntos Sociais,

Emprego e Relacións Laborais