Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 24 de xullo de 2003 Páx. 9.884

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2003 pola que se fan públicas as adxudicacións dos contratos das obras que se citan. (Expediente LU-14-01-03-01 e outro máis).

O presidente, actuando no nome e na representación do ente público Portos de Galicia segundo o previsto no artigo 6.3º da Lei 5/1994, do 29 de

novembro, de creación do ente público Portos de Galicia, resolve adxudica-las seguintes obras:

-Remodelación de nave en Ribadeo para punto de inspección fronteiriza PIF (Lugo).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Número de expediente: LU-14-01-03-01.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo.

b) Descrición do obxecto: remodelación de nave en Ribadeo para punto de inspección fronteiriza PIF.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 95, do 19 de maio de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 102.555,51 euros.

5. Adxudicación.

a) Data: 27 de xuño de 2003.

b) Contratista: Bardera, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 102.170,90 euros.

-Reforzo do dique do porto do Pindo (A Coruña).

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Portos de Galicia.

Número de expediente: CO-12-36-03-01.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo.

b) Descrición do obxecto: reforzo do dique do porto do Pindo.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 95, do 19 de maio de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 374.490,50 euros.

5. Adxudicación.

a) Data: 27 de xuño de 2003.

b) Contratista: Construcciones López Cao, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 319.814,89 euros.

6. Outras informacións.

En cumprimiento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, modificada pola Lei 4/1999, do 14 de xaneiro, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, de conformidade co artigo 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Sen embargo, o interesado poderá optar por interpoñer contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación, ante o mesmo órgano que a dictou, de acordo co disposto no artigo 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 14 de xaneiro.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2003.

Carlos Negreira Souto

Presidente do ente público Portos de Galicia