Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 24 de xullo de 2003 Páx. 9.885

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO

ANUNCIO.

Anuncio de aprobación definitiva do segundo proxecto de modificación das normas subsidiarias de planeamento do termo municipal de Campo Lameiro.

O pleno do Concello de Campo Lameiro, en sesión de data 30 de xuño de 2003, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar, con carácter definitivo, a segunda modificación puntual das normas subsidiarias de Campo Lameiro, afectando a unha parcela de titularidade municipal dentro do solo urbano -ordenanza nº 3- coa finalidade de ser destinada á construcción de vivendas unifamiliares de protección oficial, establecéndose, para tal fin, unha nova ordenanza -ordenanza 3B, de solo urbano para a promoción pública de vivendas unifamiliares en fileira.

2. Conforme o establecido no artigo 48 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, proceder á publicación definitiva no Diario Oficial de Galicia, e máis

no BOP, para posterior remisión do expediente completo á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, conforme o establecido no artigo 48.3º da citada lei.

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos previstos no artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para todos aqueles que sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou, intentada esta, non se puidese practicar.

Campo Lameiro, 9 de xullo de 2003.

Julio Sayans Bugallo

Alcalde