Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 24 de xullo de 2003 Páx. 9.886

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na sesión do 3 de xullo de 2003, aprobou a forma de adxudicación mediante poxa, para a concesión da autorización da instalación das casetas e caldeiros de polbo, durante as festas do San Froilán 2003. Por medio deste anuncio dáse a coñece-la licitación consonte as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a concesión da autorización para a intalación das casetas e caldeiros do polbo, durante as festas do San Froilán 2003.

b) Prazo de duración: a duración da ocupación será de 36 días naturais contados a partir do día 27 de setembro, finalizando, polo tanto, o 1 de novembro de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Tipo de licitación.

Os prezos mínimos para a poxa serán os seguintes:

-Caseta nº 1: 12.000 A.

-Caseta nº 2: 13.000 A.

-Caseta nº 3: 14.000 A.

-Caseta nº 4: 15.000 A.

-Caseta nº 5: 16.000 A.

-Caldeiro nº 1: 6.000 A.

-Caldeiro nº 2: 7.000 A.

-Caldeiro nº 3: 8.000 A.

-Caldeiro nº 4: 9.000 A.

-Caldeiro nº 5: 10.000 A.

5. Garantías.

Provisionais: 1.200 euros por cada caseta a que se opte e 1.000 A por cada posto de caldeiro a que se opte.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

c) Localidade e CP: Lugo, 27002.

d) Teléfonos: 982 29 71 86, 982 29 71 43.

e) Telefax: 982 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Outros requisitos: os sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula oitava do prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo, Oficina de Rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

3ª Localidade e CP: Lugo, 27002.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197 (3ª planta).

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o terceiro día hábil, agás sábado, posterior ó remate da presentación das proposicións.

10. Outras informacións: as que se recollen no prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: 1.000,62 euros, que serán por conta dos adxudicatarios.

Lugo, 10 de xullo de 2003.

P.D.

Francisco Félix Fernández Liñares

Tenente alcalde delegado da Área de Economía