Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 24 de xullo de 2003 Páx. 9.875

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE RIBEIRA

EDICTO (367/2002).

María Luisa Cobas Martínez, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Ribeira (A Coruña), fago saber que no expediente de suspensión de pagamentos seguido neste xulgado co nº 367/2002, por instancia de Frigoríficos Rías de Galicia, S.L., se dictou auto do 21 de abril de 2003 que ten a parte dispositiva do teor literal seguinte:

«En atención a todo o exposto,

Decido mante-la cualificación de insolvencia definitiva do suspenso Frigoríficos Rías de Galicia, S.L., acordada no auto do 20 de marzo pasado. Comuníquese esta resolución a tódolos xulgados ós que se deu coñecemento da solicitude de suspensión de pagamentos. Fágase pública por medio de edictos, que se fixarán no taboleiro de anuncios deste xulgado e se inserirán no BOP e no xornal El Mundo. Anótese no libro especial de suspensións de pagamentos e quebras deste xulgado e no Rexistro Mercantil desta provincia, así como no Rexistro da Propiedade de Noia e líbrense mandamentos por duplicado, expedindo os despachos necesarios. Límítase a actuación xestora do suspenso Frigoríficos Rías de Galicia, S.L. en canto permaneza en tal estado, no senso de que unicamente poderá realiza-las operacións propias do seu negocio, aínda cando a importancia delas puidese varia-lo seu normal desenvolvemento, deberá

obter previamente autorización xudicial. Prohíbese ó suspenso o alleamento ou adquisición de bens que non sexan propios do tráfico comercial ó que se dedica sen autorización do xulgado, todo isto sen prexuízo da inspección directa dos interventores nomeados neste expediente; unha vez transcorrido o prazo de cinco días desde a notificación deste auto, que se concede para que a entidade suspensa ou os acredores que representen os dous quintos do total pasivo poidan solicita-lo sobresemento do expediente ou a declaración de quebra, fórmese peza separada para a determinación e efectividade das responsabilidades en que teñan podido incorre-los legais representantes da entidade suspensa, que se encabezará con testemuño do dictame dos interventores, do auto ó que se fixo referencia e da presente resolución e, transcorrido o prazo antes indicado, déase conta para acorda-lo demais procedente; e, de non se formular solicitude ningunha, entréguense os edictos e despachos que acordou expedi-la

procuradora Sra. Ramos Picallo».

Dado en Ribeira o catro de xuño de dous mil tres.

A secretaria

Rubricado