Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 24 de xullo de 2003 Páx. 9.874

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO

ORDE do 16 de xullo de 2003 pola que se resolve parcialmente a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de dez postos de traballo vacantes na Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, anunciada por orde da extinta Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado, do 20 de maio de 2003 (Diario Oficial de Galicia número 102, do 28 de maio).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de dez postos de traballo vacantes na extinta Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado, mediante Orde do 20 de maio de 2003 (DOG nº 102, do 28 de maio), de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlles destino nos postos de traballo que se indican ós funcionarios que se expresan no anexo desta orde, seleccionados conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada por orde da extinta Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado do 20 de maio de 2003.

Segundo.-O cesamento no actual destino do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data na que debe cesar no seu destino o funcionario está desfrutando un período de licencia, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ó da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade na que actualmente presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes, de tratarse de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro.-O xefe do centro no que cause baixa o funcionario, así como o daquel no que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no número anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se lle dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó

da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na

Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2003.

Pilar Rojo Noguera

Conselleira de Familia, Xuventude,

Deporte e Voluntariado

ANEXO

Nº DNI ou NRPGrupoApelidos e nomeCódigo do postoDenominaciónNivelCentro de destinoLocalidade

3242084857 A2053CSuárez Romero, AmaliaFA.C02.00.002.15770.008Sección de Administración

e Habilitación

25S. X. de Contratación e Control OrzamentarioSantiago de Compostela

3320900802 A2053CSánchez Lavandeira, Mª ConsueloFA.C99.10.000.15001.096Sección de Administración Xeral e Habilitación24Delegación Provincial

da Coruña

A Coruña

3384254857 A2051BVázquez Capón, Mª CarmenFA.C99.10.000.27001.044Servicio de Administración

e Contratación

28Delegación Provincial de LugoLugo

3383946968 A2051BRozas Bello, José ManuelFA.C99.10.000.27001.040Secretario/a provincial28Delegación Provincial de LugoLugo

3379554724 A2059DRomero Vázquez, ManuelaFA.C99.10.000.27001.001Secretario/a delegado provincial16Delegación Provincial de LugoLugo

3490863824 A2051BFernández Murias, José LuisFA.C99.10.000.32001.051Sección de Administración

e Habilitación

24Delegación Provincial

de Ourense

Ourense

7672382757 A2059DMosquera López, Pilar MªFA.C99.10.000.36560.001Secretario/a delegado provincial16Delegación Provincial

de Pontevedra-Vigo

Vigo

3605011424 A2051BCorbacho Ovelar, CésarFA.C99.10.000.36560.073Servicio de Administración

e Contratación

28Delegación Provincial

de Pontevedra-Vigo

Vigo

3602428646 A2053CPérez Soliño, ConstanteFA.C99.10.000.36560.075Sección de Administración

e Habilitación

24Delegación Provincial

de Pontevedra-Vigo

Vigo

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE RIBEIRA