Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 24 de xullo de 2003 Páx. 9.875

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE RIBEIRA

EDICTO (367/2002).

Mª Luisa Cobas Martínez, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Ribeira fago saber: que en resolución dictada no expediente de suspensión de pagamentos nº 367/2002, seguido por instancia da entidade Frigoríficos Rías de Galicia, dictouse auto con data

do 3 de xuño de 2003, cunha parte dispositiva que é do teor literal seguinte:

«Acórdase a formación inmediata da peza de cualificación para a determinación e efectividade das responsabilidades en que poida ter incorrido o/a suspenso/a e verificado dese conta para acorda-lo procedente na dita peza separada que se formará con testemuño do informe dos interventores, desta resolución e demais particulares que se consideren necesarios.

Convócase a Xunta Xeral de Acredores para o día 26 de setembro de 2003 ás 10.00 horas na sala de audiencias deste xulgado, para este acto serán citados por carta certificada, con xustificante de recepción. Comuníquese esta resolución ós xulgados ós que se lles comunicou a solicitude de suspensión de pagamentos e dese publicidade a esta por medio de edictos que se inserirán no xornal El Mundo e no Diario Oficial de Galicia e exporase ó público un exemplar no taboleiro de anuncios do xulgado. Anótese esta resolución así como no auto de declaración de suspensión de pagamentos e a resolución mantendo a cualificación de insolvencia definitiva no Rexistro Mercantil da Coruña e no Rexistro da Propiedade de Noia. Queden na secretaría á disposición dos acredores ou os seus representantes o informe dos interventores e a proposición de convenio presentada polo debedor para os efectos oportunos».

Dado en Ribeira, catorce de xuño de dous mil tres.

A secretaria

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA