Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 23 de xullo de 2003 Páx. 9.794

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 26 de xuño de 2003, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se resolve a clasificación do monte Costa do Faro da parroquia de Santa Baia de Camba do concello de Rodeiro.

En cumprimento do disposto no artigo 28 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise constar que:

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man común de Pontevedra, dictou a seguinte resolución:

Asistentes:

-Presidente: José A. López Rodríguez (delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente).

-Vocais:

Mª Luisa Pardavila Pazos (avogada polo colexio da provincia).

Manuel Francisco Gutiérrez (xefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais).

Luis Mª Muiños Vidueira (letrado da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia).

-Vocais representantes da parroquia de Santa Baia de Camba do concello de Rodeiro:

Martín Ledo Toubes.

María Cazorla Torrado.

-Secretaria: Pilar Pita Ponte (xefa de Sección do Servicio Técnico-Xurídico da Delegación de Medio Ambiente).

Na cidade de Pontevedra, ás dezasete horas do día 25 de xuño de 2003, coa asistencia das persoas á marxe indicadas, reúnese na 3ª planta do edificio sito no nº 47 da rúa Benito Corbal o xurado provincial de clasificación de montes veciñais en man común ó obxecto de decidir sobre a clasificación do monte Costa do Faro da parroquia de Santa Baia de Camba do concello de Rodeiro.

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Con data de entrada 28-9-2000, Martín Ledo Toubes, na súa condición de veciño da parroquia de Santa Baia de Camba, do concello de Rodeiro, e en representación desta, presenta solicitude de iniciación de expediente de clasificación do monte denominado Costa do Faro como veciñal en man común para os veciños da parroquia de Santa Baia de Camba, xuntando informe técnico e pericial, así como diversa documentación, describindo o monte, identificación, superficie, ocupacións e lindeiros.

Segundo.-Con data do 14-6-2001 solicítase ó Servicio de Montes e Industrias Forestais informe previo, informe que é evacuado con data do 16-4-2002 onde se indica polo xefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais que o monte denominada Monte do Faro non está afectado por outras clasificacións e que a planimetría achegada polos veciños solicitantes é suficiente, neste informe indícase que da superficie solicitada 5,2 ha atópanse fóra do termo municipal de Rodeiro.

Terceiro.-Na reunión celebrada polo xurado provincial de clasificación de montes veciñais en man común o día 9 de maio de 2002 acordouse, á vista do informe elaborado polo Servicio de Montes e I.F. incoa-lo expediente para a súa clasificación da parte que se atopa dentro do termo municipal de Rodeiro, e nomear instructor a José Antonio López Rodríguez.

Cuarto.-De conformidade co establecido no artigo 20 do Decreto 260/1992 solicítase informe preceptivo do Servicio de Montes e Industrias Forestais que é remitido ó xurado con data do 5 de febreiro de 2003, no que se describe o monte da seguinte maneira:

Concello: Rodeiro.

Parroquia: Santa Baia de Camba.

Cabida: 66,4 ha.

Lindes:

Norte: parcela propiedade de Javier Sánchez Failde.

Sur: predios particulares de Serafín Lamas Lamas, Francisco Lamas Rodríguez, Manuel Crespo Rodríguez, Jesús Poutón Pereira, Manuel Cambeiro Cambeiro, María Paz Jorge e montes veciñais da parroquia de San Martiño de Asperelo.

Leste: provincia de Lugo.

Oeste: predios particulares de Josefa López Carral, Antonio Calvo Novoa, José Diéguez López, Elisa Seijas Fernández, Aurora Seijas Fernández, Avelino Jorge Seijas, Manuel Cidre Sánchez, Felisa Cidre Sánchez, Manuel Cuñarro Sánchez, Gumersindo Sánchez Areas, Avelina Vázquez García, Cástor García García, Gerardo Vázquez González, José Mª López Cambeiro, Andrés Fernández Diéguez, Adelaida Fernández Diéguez, Aquilino Jorge Seijas, Avelino Jorge Seijas, José Fernández Diéguez, Jaime Diéguez Eiríz, Antonio Calvo Novoa, Gerardo Vázquez González, José Arias García, Javier Sánchez García, Jaime Diéguez Eiriz, José Fernández Diéguez, Fernando Pérez Fernández, Josefa Valladares Fernández, Manuel Sáa García, Ermelinda García Porto, E. Pilar Eiriz Hermida, Serafín Cortés Fernández, Perfecto López Cambeiro, Encarnación Fafián Eiriz, Guillermo Diéguez S.S., Manuel Ledo Novoa, Perfecto López Cambeiro, Manuel Vence Cambeiro, Mª Cruz Álvarez Cambeiro, Josefa Valladares Fernández, Matilde

Fernández Ledo, Manuel Vence Cambeiro e pista asfaltada de San Martiño de Asperelo á ermita do Faro.

Servidumes e ocupacións:

Este monte atópase ocupado por dous depósitos de auga, un poste de antena de raio e unha caseta de 1,5 x 1,5 m.

Quinto.-O rexistrador da propiedade de Lalín certifica con data do 27 de marzo de 2003 que o monte solicitado non aparece inscrito a favor de ningunha persoa.

Sexto.-Con data do 27 de marzo de 2003 o presidente do xurado acordou abri-lo período de audiencia cun prazo dun mes. Data de saída 31 de marzo de 2003 e publicado no DOG con data do 6 de maio de 2003.

Sétimo.-No período de audiencia presentáronse as seguintes alegacións:

a) Josefa López Carral alegou:

-Que dous predios denominados Tenza de Batuqueiros e Tenza da Cima da Chousa Nova, son da súa propiedade, documentalmente acreditado e por notoriedade desde sempre.

b) Jesús Jorge Cidre alegou:

-Que dous predios denominados Batuqueiros e Tenza da Arriba das Chousas, son da súa propiedade, documentalmente acreditado e por notoriedade dende sempre.

c) Celso González García alegou:

-Que un predio denominado Fonte Barreira é da súa propiedade, documentalmente acreditado e por notoriedade desde sempre.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-O xurado provincial de clasificación de montes veciñais en man común ten a competencia para coñece-los expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter a teor do establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común. Expedientes que se iniciarán, de conformidade co establecido no artigo 19 do Decreto 260/1992, polo que se aproba o regulamento da Lei 13/1989, por instancia, entre outros, de calquera veciño ou grupo de veciños, circunstancia que concorre no solicitante.

Segundo.-De conformidade co artigo 1 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 1 do Decreto 240/1992, do 4 de setembro, cómpre entender por montes veciñais en man común «... os terreos radicados na Comunidade Autónoma de Galicia que con independencia da súa orixe, as súas posiblidades productivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e os veñan aproveitando consuetudinaria

mente en réxime de comunidade, sen asignación de cotas, os membros daquelas na súa condición de veciños».

Así, segundo abondosa xurisprudencia, o feito que xustifica a clasificación ou non como veciñal dun determinado monte, en vía administrativa, é a circunstancia de terse ou non demostrado o aproveitamento consuetudinario en man común, prescindindo das cuestións relativas á propiedade e demais dereitos reais.

Terceiro.-O uso en man común do monte Costa do Faro tense suficientemente acreditado polos informes do Servicio de Montes e Industrias Forestais, principalmente o informe do 5 de febreiro de 2003, sen que signifique un pronunciamento sobre posesión ou propiedade, cuestións que exceden a competencia do xurado provincial de montes veciñais e que non poden tomarse en consideración.

Non poden, nembargantes, terse en consideración as manifestacións de Jesús Jorge Cidre e Celso González García, porque non se sustentan en ningunha clase de proba documental, nin achegan ningunha proba en contra do uso comunal e do certificado emitido polo Rexistro da Propiedade de Lalín, non consta ningún titular.

No mesmo sentido, tampouco deben terse en consideración as alegacións de Josefa López Carral, xa que non achega ningún tipo de documentación que acredite a súa propiedade, a maior abundamento, a propia entidade promotora do expediente na súa relación de colindantes polo seu vento oeste, aparece a mencionada Josefa López Carral.

En consecuencia, vista a Lei galega 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común e o seu regulamento, aprobado por Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e demais preceptos legais e regulamentarios de xenérica e específica aplicación, propón o instructor e de maneira unánime o xurado

ACORDA:

Clasificar, como veciñal en man común o monte Costa do Faro, a favor da parroquia de Santa Baia de Camba do concello de Rodeiro, de acordo coa descrición reflectida no feito cuarto e a planimetría elaborada para o efecto polo Servicio de Montes e Industrias Forestais que forma parte inseparable desta resolución.

Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó desta notificación, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo

común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Pontevedra, 26 de xuño de 2003.

José Antonio López Rodríguez

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en man Común de Pontevedra