Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 23 de xullo de 2003 Páx. 9.793

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 18 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador en materia de caza relacionado no anexo e de referencia OU-099/02-C, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a proposta de resolución do expediente sancionador por presunta infracción á Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia (DOG nº 33, do 11 de xullo).

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo, nº 18-5º andar e achegar por escrito alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente remitiránselle ó director xeral de Conservación da Natureza, para a resolución do procedemento.

De conformidade co artigo 8 do R.P. o pagamento voluntario polo imputado, en calquera momento anterior á resolución, poderá implicar igualmente a terminación do procedemento, sen prexuízo da posibilidade de interpoñe-los recursos procedentes. O importe da sanción farase efectivo na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia empregando o impreso que lle será facilitado nas oficinas desta delegación provincial ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia.

Ourense, 18 de xuño de 2003.

Míriam Areal López

Instructora

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-099/02-C.

Denunciado: Amalio Pliego Villaverde.

DNI: 06512812.

Derradeiro enderezo coñecido: rúa As Portas, s/n. 32540 A Gudiña, Ourense.

Feito probado: cazar non sendo titular da licencia. Cazar sen ter contratado o seguro obrigatorio.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 58.2º e artigo 58.31º da Lei de caza de Galicia 4/1997.

Cualificación da infracción: grave.

Sanción: multa de 601,02 euros, retirada da licencia de caza e inhabilitación para obtela durante un ano e un día.