Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 23 de xullo de 2003 Páx. 9.780

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (SECCIÓN TERCEIRA)

EDICTO (1331/2002-B).

Isabel Freire Corzo, secretaria da Sección Terceira da Audiencia Provincial da Coruña, certifico que no rolo de apelación 1331/2002 se dictou resolución co encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia.-Presidente, Juan-Ángel Rodríguez Cardama. Maxistrados: Rafael-Jesús Fernández-Porto García, María del Carmen Mosquera Rodríguez.

Na Coruña, trinta de decembro de dous mil dous.

Vistos pola Sección Terceira desta audiencia provincial, constituída polos señores que na marxe se expresan, os presentes autos de xuízo de menor contía nº 569/1999, que ante ela penden en grao de apelación, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número seis da Coruña, nos que son partes como apelantes-apelados:

Carlos Francisco Martín García (dte.), representado polo procurador Sr. Ramos Córdoba, Olegario Castelos Martínez (ddo.), representado polo procurador Sr. Prego Vieito, e Carlos Castelos Martínez (ddo.), representado polo procurador Sr. Guimaraens Martínez. E en situación procesual de rebeldía Serafín Francisco Castelos Martínez, versando os autos sobre resolución de contrato.

Decidimos que estimando, de entre os recursos de apelación interpostos contra la sentencia dictada pola maxistrada xuíza de Primeira Instancia número seis da Coruña, o formulado pola parte actora, e iso de maneira parcial, e non os restantes, que se rexeitan, revógase parcialmente a dita resolución e iso no sentido de fixar en seis mil catrocentos cincuenta e nove euros con setenta e un céntimos (un millón setenta e catro mil oitocentas catro pesetas con sesenta e dous céntimos) a cantidade na que os demandados, solidariamente, e por falecemento de Serafín-Francisco Castelos Martínez, os seus herdeiros legais deberán resarci-lo actor, que devengará desde a sentencia de primeira instancia o xuro legal regulado no artigo 576 da LAC. No demais, confírmase a sentencia recorrida e, en canto ás custas, seguirase o disposto no quinto fundamento de dereito desta resolución, que se dá por reproducido.

Así, por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación ó demandado en situación procesual de rebeldía, Serafín Francisco Castelos Martínez, estendo e expido este edicto na Coruña o once de xuño de dous mil tres.

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS

DE LUGO