Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 23 de xullo de 2003 Páx. 9.781

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE LUGO

EDICTO (80/2002).

Nos autos de referencia dictouse a seguinte resolución:

«Sentencia nº 39

En nome de El-Rei. Na cidade de Lugo o vintenove de xaneiro de dous mil tres, sendo Ana Belén Sánchez González maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Lugo, e vistos os precedentes autos de xuízo verbal de menores nº 80/2002 seguidos neste xulgado por instancia do procurador Sr. Pardo Paz, en nome e representación de Jesús Granja Alvela, asistido do letrado Bernardo Fernández López, Martha Liliana Hurtado Acosta, en situación procesual de rebeldía, intervindo o Ministerio Fiscal.

Decido que estimando a demanda presentada polo procurador Sr. Pardo Paz, en nome e representación de Jesús Granja Alvela contra Martha Liliana Hurtado Acosta, debo declarar e declaro como medida relativa ó fillo menor común dos litigantes a seguinte: 1. Atribúese a garda e custodia do fillo Julián Andrés Granja Alvela, sen prexuízo da patria potestade compartida e do réxime de visitas fixado no fundamento 1º. Todo iso sen expresa imposición de custas».

E para que sirva de notificación a Martha Liliana Hurtado Acosta expídese este edicto en Lugo, o 30 de xaneiro de 2003.

O/A secretario/a

Rubricado