Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 23 de xullo de 2003 Páx. 9.781

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (86/2003).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos nº 86/2003 seguidos por instancia de Raquel Fraga Sánchez contra Javier Ángel Codesal López sobre extinción de contrato, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, con data do 16-6-2003, coa seguinte parte dispositiva:

«Que estimando a demanda formulada pola parte demandante, debo estimar e estimo integramente a pretensión dela, declarando extinguida a relación laboral entre a traballadora demandante Raquel Fraga Sánchez e a empresa Javier Ángel Codesal López e en consecuencia debo condena-la devandita empresa a que aboe á demandante a cantidade de 2.157,65 A en concepto de indemnización.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se lles fará saber que en contra da dita resolución cabe o recurso de suplicación, que deberá anuncialo

o seu avogado ou representante legal designado para o efecto, perante este xulgado, no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentencia, por comparecencia ou por escrito das partes. É posible o anuncio por mera manifestación da parte recorrente ó ser notificada, e será resolto, se é o caso e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, ademais, acreditar ó anuncia-lo recurso, o ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, aberta no BBV, conta nº 5602-60, e que pode substituírse polo aseguramento mediante aval bancario coa constancia da responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta e en calidade de depósito, nun impreso separado do importe da condena.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación á empresa Javier Ángel Codesal López que tivo o seu último enderezo coñecido no lugar de Tarabelo, 32-15160 Sada (A Coruña), e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 16 de xuño de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado