Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 22 de xullo de 2003 Páx. 9.736

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (134/2003).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un dos de Lugo,

Dou fe e testemuño de que nos autos de xuízo nº 134/2003, seguidos por instancia de Antonio Penoucos Rodríguez contra a empresa Nuthya Corporation, S.A.L. sobre cantidade, se dictou a sentencia que no encabezamento e parte dispositiva di:

«Sentencia. En Lugo o trece de maio do ano dous mil tres. Vistos por Mª de los Ángeles Andrés Vega, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número un dos de Lugo, os presentes autos de xuízo verbal nº 134/2003, sobre reclamación de cantidade, no que son partes, como demandante Antonio Penoucos Rodríguez, asistido da letrada Mª Teresa Souto Neira, e como parte demandada a empresa Nuthya Corporation, S.A.L., a cal non compareceu a pesar de estar citada en legal forma.

Decido que, estimando substancialmente a demanda deducida en materia de reclamación de cantidade por Antonio Penoucos Rodríguez contra a empresa Nuthya Corporation, S.A.L., debo condenar e condeno a demandada a satisfacer ó demandante a cantidade de tres mil trescentos corenta e oito euros con noventa e catro céntimos de euro (3.348,94 euros), polos conceptos que se deixan explicitados no feito probado segundo da actual (sendo o total de gastos no 08/2002 de 343,90 euros), máis o xuro anual do 10% computado desde o 29-1-2003 e ata o completo pagamento ou liquidación. Notifíquese esta sentencia ás partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia-A Coruña, dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación, por conducto deste xulgado do social, precedendo o depósito das cantidades obxecto de condena, e cos requisitos esixidos no artigo 189 e seguintes do texto refundido da Lei de

procedemento laboral e, en especial o disposto no artigo 228 do citado corpo legal, consistente en que será indispensable que o recorrente que non gozar do beneficio de xustiza gratuíta acredite, ó anuncia-lo recurso de suplicación, ter consignado na conta de depósitos e consignacións nº 2322-60, nº de autos 134/2003, que este xulgado do social ten aberta na entidade Banesto, sucursal de r/ San Marcos nº 3, 27001 desta cidade, a cantidade obxecto da condena; a consignación en metálico pódese substituír polo aseguramento mediante aval bancario, no que se deberá facer consta-la responsabilidade solidaria do avalista. O comprobante da consignación en metálico ou, se for o caso, o documento de aseguramento, nos que deberá consta-lo número de procedemento, quedará baixo a custodia do secretario, que expedirá testemuño deles para a súa unión ós autos, facilitando o oportuno recibo, máis o depósito de 150,25 euros, previsto para esta clase de recursos, que se deberá

constitutír na mesma conta citada da entidade Banesto, que para o efecto e baixo a denominación de recurso de suplicación existe, debéndose entrega-los comprobantes na secretaría deste xulgado no tempo de interpo-lo recurso, caso de se-la empresa demandada condenada que o interpuxer, de conformidade co disposto no artigo 227 do referido texto legal. Así, por esta miña sentencia definitiva, pronúncioo, mándoo e asínoo. Mª de los Ángeles Andrés Vega. Rubricado.

Publicación. A anterior sentencia foi lida e publicada pola maxistrada que a suscribe, estando a celebrar audiencia pública no día da súa data, do que eu, secretario, certifico. Rafael González Alió. Rubricado».

Concorda ben en fielmente co orixinal, e para que sirva de notificación en forma á empresa Nuthya Corporation, S.A.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no diario oficial da Comunidade Autónoma, en Lugo no vintecatro de xuño de dous mil tres.

Rubricado