Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 22 de xullo de 2003 Páx. 9.737

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 27 de xuño de 2003, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relaciona resolución de solicitude de declaración de prescrición pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Núñez Miranda, José).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, de 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase resolución de solicitude de declaración de prescrición pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Recadación da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Pontevedra en aplicación da Lei xeral tributaria 230/1963, pola que se regulamenta a prescrición dos actos administrativos de natureza tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación

deste anuncio, diante da secretaría desta delegación, con enderezo na rúa Michelena 30 Pontevedra, en horario de 9.00 a 14.00 horas de lunes a vernes.

Transcorrido o dito prazo sin efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 27 de xuño de 2003.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado: Núñez Miranda, José.

DNI: 76842041-F.

R/ Franga Iribarne, Cambados.

Procedemento: solicitude de declaración de prescrición.

Expediente: PO-70/1989.

Liq.: 900014217.

Providencia: 92650201800.