Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 22 de xullo de 2003 Páx. 9.737

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/331-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica de Silleda, S.L.

Domicilio social: Parque 15, 36000 Silleda.

Denominación: C.T., R.B.T. Requeixo-Cervaña.

Situación: concello de Silleda.

Descricións técnicas: C.T. de 500 kVA, con entroncamento no apoio nº 8, que se substitúe por un metálico, da L.M.T. Moalde a Curantes. Dous interruptores automáticos selectores de avarías e unha R.B.T. de 500 m de lonxitude con conductor R.Z. A instalación está en Requeixo, Cervaña, no concello de Silleda.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 6 de xuño de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra