Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 22 de xullo de 2003 Páx. 9.736

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

EDICTO (193/2002).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 193/2002 por instancia de Albino Rodríguez Diéguez contra o Instituto Nacional de Emprego e Losas Hermanos Iglesias, S.L. sobre desemprego, nos que se dictou sentencia con data do 18-6-2003 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que, estimando a demanda promovida por Albino Rodríguez Diéguez contra el Instituto Nacional de Emprego e contra a empresa Losas Hermanos Iglesias, S.L., debo declarar e declaro que a base reguladora diaria da prestación de desemprego recoñecida ó demandante é de 33,06 euros/día, condenando ó demandado Instituto Nacional de Emprego a estar e pasar pola anterior declaración e ó aboamento da prestación na contía correspondente conforme a devandita base reguladora. E á empresa codemandada a reintegrar á entidade xestora o importe da prestación recoñecida de conformidade co anteriormente declarado.

Notifíquese esta resolución as partes facéndolles saber que contra ela cabe recurso de suplicación, que se anunciará dentro dos cinco días seguintes á notificación da sentencia ante este xulgado, do que coñecerá, se for o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establecen os artigos 187 e seguintes do texto articulado da Lei de procedemento laboral, aprobado polo Real decreto lexislativo 521/1990, do 27 de abril.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronuncioo, mándoo e asinoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia con fin de que sirva de notificación é empresa Losas Hermanos Iglesias, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 18 de xuño de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado