Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 22 de xullo de 2003 Páx. 9.735

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (104/2003).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos nº 104/2003 seguidos por instancia de David Antonio Fernández Rodríguez contra Abruñedo y Fernández, S.L. e Fogasa sobre reclamación de cantidades, a maxistrada xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, con data do 13 de xuño de 2003, coa seguinte parte dispositiva:

«Que, estimando a demanda presentada por David Antonio Fernández Rodríguez, debo declarar e declaro o dereito da demandante a percibi-la cantidade de 3.520,52 euros polos conceptos que se expresan no feito probado segundo desta resolución e nese sentido debo condenar e condeno a empresa Abruñedo y Fernández, S.L. a que estando e pasando por tal declaración lle aboe ó demandante a cantidade de 3.520,52 euros en concepto de salarios e liquidación máis os xuros por mora do 10% desde a data do seu correspondente devengo.

E debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do ET.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se lles fará saber que contra a dita resolución cabe o recurso de suplicación, que deberá anuncialo o seu avogado ou representante legal designado para o efecto, perante este xulgado, no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentencia, por comparecencia ou por escrito das partes. É posible o anuncio por simple manifestación da parte recorrente ó ser notificada, e será resolto, se é o caso, e cumpridos os trámites legales, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, ademais, acreditar ó anuncia-lo recurso, ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, aberta no BBV, conta nº 5602-60, e que pode substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, coa constancia da responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta e en calidade de depósito, nun impreso separado do do importe da condena.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación á empresa Abruñedo y Fernández, S.L., que tivo o seu último domicilio coñecido na rúa Panaderas, 20-22, 1º C, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, 13 de xuño de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado