Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 22 de xullo de 2003 Páx. 9.734

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO NÚMERO UN DE OURENSE

EDICTO (668/2002).

Germán Seijas Vázquez, secretario do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Ourense.

Dou fe e certifico que no recurso contencioso administrativo ordinario número 668/2002, se dictou resolución do teor literal seguinte:

«Auto.

En Ourense, dous de maio de dous mil tres.

Tendo en conta.

Antecendentes de feito.

Primeiro.-O recurso contencioso administrativo abreviado número 668/2002 séguese ante este xulgado por instancia de Banco Simeón, S.A., representado polo procurador Sr. Marquina Fernández, contra a resolución dictada polo director xeral de Relacións Laborais da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia de data 9 de setembro de 2002, pola que se desestima o recurso de alzada interposto polo demandante contra a Resolución do 1 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Ourense da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e pola que se confirma a sanción de multa de 3.005,02 euros imposta.

Segundo.-En data do 26 de febreiro de 2003 dictouse sentencia que estima o recurso interposto por Banco Simeón, S.A., contra a resolución referida no antecedente primeiro desta resolución e declara a disconformidade a dereito da resolución impugnada e a súa anulación, estimando que a atribución competencial operada polo artigo 7 do Decreto autonómico 376/1996, puidera vulnera-lo artigo 34.7º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, da Xunta e o seu presidente. Transcorridos os prazos procedentes formaron os autos estando para dicta-la presente resolución.

Razoamentos xurídicos.

Primeiro.-A presente resolución díctase ó abeiro do disposto no artigo 123 LXCA e ten por obxecto presentar para ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a oportuna cuestión de ilegalidade que, por outra banda, xa se anunciara na sentencia dictada nos autos.

Segundo.-O artigo 27.1º da Lei da xurisdicción contencioso administrativa establece que «cando un xuíz ou tribunal do contencioso administrativo dictase sentencia firme estimatoria por considerar ilegal o contido da disposición xeral aplicada, deberá presenta-la cuestión de ilegalidade ante o tribunal competente para informar do recurso directo contra a disposición...». No presente suposto a cuestión de

ilegalidade preséntase en relación co artigo 7 do Decreto autónomico 376/1996, o parágrafo primeiro do cal dispón que: «as relacións dictadas polos delegados provinciais da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais poderán ser obxecto de recurso ordinario ante o director xeral de Relacións Laborais». O precepto transcrito puidera vulnera-lo artigo 34.7º da Lei 1/1983, do 22 de febrreiro, da Xunta e do seu presidente quen reservou para o conselleiro a atribución para «resolve-los recursos administrativos promovidos contra as resolucións dos organismos e autoridades da consellería, agás cando por lei a dita facultade se atribúa a outro órgano».

Terceiro.-No presente suposto o acto impugnado e anulado pola sentencia firme foi dictado polo director xeral de Relacións Laborais da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, resolvendo o recurso interposto contra a precedente resolución da Delegación Provincial de Ourense daquela consellería en aplicación da norma regulamentaria que infrinxe a norma legal que atribúe a competencia para resolver eses recursos ó conselleiro. En consecuencia, estimando que a disposición en que se funda o acto anulado contravén o artigo 34.7º da Lei da Xunta e do seu presidente, e non atopándose entre as competencias deste órgano xudicial resolver sobre a impugnación directa daquela disposición, que ó abeiro do disposto no artigo 10.1 b) LXCA corresponde á Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, procede presenta-la oportuna cuestión de ilegalidade ante o dito tribunal.

Parte dispositiva.

En atención ó exposto, SSª Ilma. acorda: presentar ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia cuestión de ilegalidade do artigo 7 do Decreto autonómico 376/1996.

Emprácense as partes para que, no prazo de quince días, poidan comparecer e formular alegacións ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, competente para falla-la cuestión, co apercibimento de que non se admitirá a súa comparecencia unha vez transcorrido o dito prazo.

Elévese á sala de referencia certificación deste auto con copia testemuñada dos autos principais, así como do expediente administrativo.

Publíquese o oportuno oficio no Diario Oficial de Galicia onde se publicou o Decreto autonómico 376/1996.

Contra este auto non cabe recurso ordinario ningún.

Así, por este auto, o acorda, manda e asina Pedro Escribano Testaut, maxistrado titular do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Ourense, do que eu, o secretario, dou fe».

E para que conste e remitirlle á Secretaría Xeral da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, expido e asino o presente edicto o seis de xuño de dous mil tres.

O secretario

Rubricado