Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 22 de xullo de 2003 Páx. 9.734

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE FERROL

CÉDULA de notificación (39/2003).

No procedemento de referencia dictouse a sentencia do 22 de maio de 2003, que no seu encabezamento e parte dispositiva, literalmente di:

«Vistos por min, Marta Canales Gantes, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Ferrol, os presentes autos de divorcio contencioso seguidos co número 39/2003, por instancia de Manuel Varela Abeledo, representado pola procuradora Raquel Bedoya Freire e baixo a dirección do letrado José Luis de Velasco Bellas, contra Adriana Rodríguez Ospina, en situación procesual de rebeldía; sen a intervención do Ministerio Fiscal.

Decido que estimando integramente a demanda de divorcio interposta pola procuradora Raquel Bedoya Freire, en nome e representación de Manuel Varela Abeledo, contra Adriana Rodríguez Ospina, declarada rebelde, debo declarar e declaro disolto por divorcio o matrimonio formado por ámbolos cónxuxes, con tódolos efectos legais inherentes á dita declaración.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que non é firme e que contra ela poden interpor recurso de apelación perante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo dos cinco días seguintes á súa notificación».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Adriana Rodríguez espina e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expídese esta cédula para que sirva de cédula de notificación.

Ferrol, 18 de xuño de 2003.

O/A secretario/a

Rubricado

XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO

NÚMERO UN DE OURENSE