Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 22 de xullo de 2003 Páx. 9.733

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE BETANZOS

EDICTO (300/2002).

María Vázquez Rodríguez, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres dos de Betanzos e o seu partido, fago saber que nos autos de xuízo de faltas nº 300/2002 que se seguen neste xulgado recaeu sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que son do teor literal seguinte:

«Sentencia. Na cidade de Betanzos, 11 de xuño de 2003. Vistos por min, Rosa Agrasso Barbeito, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instsrucción número tres de Betanzos e o seu partido, en vista oral e pública, os autos de xuízo de faltas nº 300/2002, seguidos ante este xulgado por unha falta de lesións na que é denunciante Iván Fernández Ares, como denunciado Ángel García Fernández, con intervención do Ministerio Fiscal.

Decido. Condeno a Ángel García Fernández, como autor responsable dunha falta de lesións prevista e penada no artigo 617.1º do C.P. a unha pena dun mes de multa a razón de tres euros diarios, isto é noventa euros de multa, que no caso de impago dará lugar a unha responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas (isto é un día de privación de liberdade por cada seis euros impagados) que poderá cumprir en réxime de arrestos de fin de semana no centro penitenciario que corresponda ou, se é o caso, mediante traballos en beneficio da comunidade, para o cal cada día de privación de liberdade equivalerá a unha xornada de traballo. Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta non é firme polo que cabe recurso

de apelación no prazo dos cinco días seguintes ó da súa notificación, ante este xulgado para ante a audiencia provincial. Asinado e rubricado Rosa Agrasso Barbeito. Publicada no mesmo día da súa data».

E para que así conste, e sirva de notificación en legal forma ó condenado Ángel García Fernández, expido e asino este edicto, para a súa publicación no DOG e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Betanzos, 11 de xuño de 2003.

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE

FERROL