Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 22 de xullo de 2003 Páx. 9.733

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA (SECCIÓN QUINTA)

EDICTO (638/2000).

En virtude do acordado na peza de apelación número 638/2000, dimanante de menor contía número 191/1999, do Xulgado de Primeira Instancia número dous de Redondela, por este edicto notifícase as persoas descoñecidas e incertas que poidan ter algún dereito sobre o seguinte predio:

Concello de Redondela. Parroquia de Cedeira. Barrio de Fortóns: casa baixa con terreo de mil douscentos once metros cadrados, situado en Fortóns, nº 43, destinada a vivenda particular duns sesenta metros cadrados aproximadamente. Limita no seu conxunto: norte, vía de ferrocarril; sur, camiño veciñal; leste, herdeiros de Enrique Vilas e Dolores Montes, e oeste, monte veciñal e camiño de acceso. Inscrito o exceso de cabida no folio 7, libro 173, tomo 408, inscrición 3ª do terreo 24.122, de que nese recurso se dictou sentencia con encabezamento e parte dispositiva do seguinte teor literal:

«A Sala de Reforzo da Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados: Jaime Carrera Ibarzábal, Juan Manuel Alfaya Ocampo e Magdalena Fernández Soto, pronunciou, en nome de El-Rei, a seguinte sentencia nº 125/2003. En Vigo, vinte de febreiro de dous mil tres. Visto en grao de apelación ante a Sala de Reforzo da Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra os autos do xuízo de menor contía nº 191/1999 e 296/1999 (acumulados), procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número dous de Redondela, ós que correspondeu a peza nº 638/2000, nos que aparece como parte apelante o Concello de Redondela, representado pola procuradora Elena García Calvo e asistido do letrado Alfonso Pereira Fernández e Rede Nacional de Ferrocarrís Españois-Renfe, representada polo procurador Juan José Muíños Torrado e asistida do letrado Juan Areses Trapote, e como parte apelada Mª Luisa Santorio Parama, representada pola procuradora Silvia Domínguez

Domínguez e asistida do letrado José Luís García de San Juan, Manuel Santorio González e Dolores Parama, representada pola procuradora Mª Carmen López de Castro e asistida da letrada Carmen Hermida Ballesteros, así como tódalas persoas descoñecidas e incertas. Sendo designado maxistrado relator Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen expresa o parecer da sala.

Decido que, rexeitando o recurso de apelación formulado polo Concello de Redondela e acollendo o presentado pola Rede Nacional de Ferrocarrís Españois, condenamos a parte demandante ó pagamento das custas procesuais da primeira instancia, padecidas por este último litigante, impondo ó Concello de Redondela as custas procesuais desta alzada.

Esta é nosa sentencia, que asinamos e que se redacta en galego consonte o establecido no artigo 5.1º, 2º e 3º do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 8 de abril, e artigos 1, 2, 6 e 3 e 7.2º e da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.

Notifíquese ás partes facéndolles saber que contra esta sentencia non cabe recurso ordinario ningún.»

E para que sirva de notificación ás persoas descoñecidas e incertas que poidan ter algún dereito sobre o predio antes descrito, expido e asino este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia en Vigo o vintecinco de marzo de dous mil tres.

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES

DE BETANZOS