Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 22 de xullo de 2003 Páx. 9.725

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2003 do convenio colectivo do sector do comercio de mobles.

Vista a acta da revisión salarial para o ano 2003 do convenio colectivo do sector do comercio de muebles, con nº de código 3600355, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 2-6-2003, subscrita pola comisión paritaria do convenio, en data 29-5-2003. De conformidade co disposto nos artigos 9º e 10º do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995 do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depó-

sito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 11 de xuño de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Comisión paritaria do convenio colectivo de traballo para o sector de comercio de mobles.

Pontevedra.

Asistentes:

Representación social:

Por CC.OO.: Jorge Carneiro Penedo.

Por UGT: Roberto Puga Hermida.

Representación empresarial: Emilio Lloves Pérez.

Secretario: José A. Porcel Villar.

ACTA

En Vigo, ás dezanove horas do día 29 de maio de dous mil tres, na sede da Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra, previamente convocados, reúnense os compoñentes da comisión paritaria do convenio colectivo provincial do sector do comercio de mobles de Pontevedra, que á marxe se citan, co fin de proceder á alaboración da táboa salarial anexa para o segundo ano de vixencia do convenio segundo o previsto nos artigos 9º, salarios e 10º, revisión salarial.

Constatado o feito de que o índice de prezos ó consumo do ano 2002 se situou no 4%, en virtude do establecido no artigo 10º, revisión salarial, o exceso producido sobre o 3,5% previsto na dita cláusula para ese ano cuantifícase no 0,5%.

Na súa virtude, procédese a aplica-lo dito exceso sobre os salarios da táboa vixente o 31-12-2001, adicionándose o resultado ós salarios reinantes o 31-12-2002, servindo de base a táboa resultante para a aplicación do incremento previsto para o segundo ano de vixencia, pactado no 3,25%.

Unha vez confeccionada e comprobada a dita táboa, os membros da comisión paritaria proceden á súa asinatura en proba de conformidade, acordando a súa remisión á Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións laborais, para os efectos de que se proceda á súa inscrición no libro-rexistro de convenios colectivos de traballo e posterior publicación no BOP e no DOG.

E sende este o único asunto que tratar, levántase a sesión sendo as dezanove trinta horas do día ó inicio citado, de todo o cal as partes dan fe coa súa sinatura.

Táboa salarial anexa

Convenio colectivo de traballo para o sector do comercio de mobles de Pontevedra

Vixencia de 1 de xaneiro de 2003 ó 31 de decembro de 2003

CategoríasSalario mensual

Grupo I

Encargado637,34 euros

Viaxante631,06 euros

Depedente634,18 euros

Ayudante de dependente627,90 euros

CategoríasSalario mensual

Traballadores en formación e en prácticas 70% de salario da categoría para a que se vai formar ou para a que vai realizar prácticas (artigo 26).

Grupo II

Oficial administrativo634,18 euros

Auxiliar administrativo627,21 euros

Aspirante627,90 euros

Auxiliar de caixa631,06 euros

Grupo III

Delineante634,18 eruos

Profesional de oficio de 1ª634,18 euros

Profesional de oficio de 2ª631,06 euros

Mozo especializado628,52 euros

Mozo627,90 euros

Os choferes percibirán o salario correspondente ás categorías de profesional de oficio de 1ª ou 2ª, de acordo co seu carné de conducir.