De acordo co previsto no artigo 117 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de
Galicia, aprobado por Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, dáselle publicidade ó estado de execución do orzamento da Comunidade Autónoma e as súas modificacións e á situación da tesourería e movementos por operacións orzamentarias e extraorzamentarias correspondentes ó primeiro trimestre de 2003, que figuran como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2003.
José Antonio Orza Fernández
Conselleiro de Economía e Facenda