Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 21 de xullo de 2003 Páx. 9.690

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2003, da Dirección Xeral de Tributos, pola que se sinala a data dunha poxa de bens inmobles.

Autorizada por acordo desta dirección xeral, de data 6 de maio de 2003, o alleamento en pública poxa dos bens embargados no procedemento de constrinximento pola Zona de Recadación de Lugo como da propiedade do debedor Manuel López Gómez con NIF 76597452-T que a continuación se describen:

Lote 1:

Rústica Narvaso sita no municipio de Cervantes, destinada a matogueira; cunha superficie de 0,0304 ha. Ref. catastral 27012A009000600000MU. Lindeiros: norte e leste, parcela 55, pol. 9, lugar Campelín de MVMC de Río Castro exp. 94/7; sur, parcela 61, pol. 9, lugar Narvaso de Eleuterio Trabado Núñez e oeste, parcela 59, pol. 9, lugar Narvaso de Eleuterio Trabado Núñez.

Valor: 91,20 euros.

Cargas: sen cargas.

Tipo: 91,20 euros.

Lote 2:

Rústica Acedelo, sita no municipio de Cervantes, destinada a prado, cunha superficie de 0,0206 ha. Ref. catastral 27012A009000700000MQ. Lindeiros: norte, parcela 73, pol. 9, lugar Campelín de MVMC de Río Castro exp. 94/7; sur, parc. 74, pol.9, lugar Acedelo de Manuel Pérez Núñez; leste parcela 71, pol. 9, lugar Acedelo de Eleuterio Trabado Núñez e oeste, parcela 69, pol. 9, lugar Acedelo de Valentín Maestre Quiroga.

Valor: 123,60 euros.

Cargas: sen cargas.

Tipo: 123,60 euros.

Lote 3:

Rústica Acedelo, sita no municipio de Cervantes, destinada a prado, cunha superficie de 0,0449 ha. Ref. catastral 27012A009000760000MO. Lindeiros: norte, parcela 75, pol. 9, lugar Acedelo de Eduardo Vilor López; sur, parcela 77, pol. 9, lugar Acedelo de Eleuterio Trabado Núñez; leste, parcela 9004, camiño e oeste, parcela 97, pol. 9, lugar Revilega de Manuel González Mon.

Valor: 359, 20 euros.

Cargas: sen cargas.

Tipo: 359,20 euros.

Lote 4:

Rústica Acedelo sita no municipio de Cervantes, destinada a prado, cunha superficie de 0,0399 ha. Ref. catastral 27012A009000830000MX. Lindeiros: noroeste, parcela 82, pol. 9, lugar Acedelo de Eduardo Vilor López; surleste parcela 84, pol. 9, lugar Acedelo de Eleuterio Trabado Núñez; noreste, parcela 80, pol. 9, lugar Acedelo de Santiago Vilor Herbón; suroeste, parcela 9004, camiño.

Valor: 239,40 euros.

Cargas: sen cargas.

Tipo: 239,40 euros.

Lote 5:

Rústica Acebedo, sita no municipio de Cervantes, destinada a prado; cunha superficie de 0,4847 ha. Ref. catastral 27012A009000940000MW. Lindeiros: noreste, parcela 98, pol. 9, lugar Revilega de MVMC de Río Castro exp. 94/7; suroeste, parcela 89, pol. 8, lugar Horta de Axedelo de José Núñez Arango; suréste, parcela 95, pol. 9, lugar Acebedo de Benjamín Gómez Gómez e suroeste, parcela 91 pol. 9, lugar Acebedo de Amable Gómez López.

Valor: 2.908,20 euros.

Cargas: sen cargas.

Tipo: 2.908,20 euros.

Lote 6:

Rústica Narvaso, sita no municipio de Cervantes, destinada a matogueira, cunha superficie de 0,1100 ha.

Ref. catastral 27012A009001180000MZ. Lindeiros: norte, parcela 55, pol. 9, lugar Campelín de MVMC de Río Castro, exp. 94/7; sur, parcela 120, pol. 9, lugar Narvaso de Jesús Gómez López; leste parcela 119, pol. 9, lugar Narvaso de Eleuterio Trabado Núñez e oeste, parcela 117, pol. 9, lugar Narvaso de José Vilor González.

Valor: 330,00 euros.

Cargas: sen cargas.

Tipo: 330,00 euros.

Lote 7:

Rústica Ramallal, sita no municipio de Cervantes, destinada a prado; cunha superficie de 0,0656 ha. Ref. catastral 27012A010000330000MX. Lindeiros: norte, parcela 130, pol. 9, lugar Monte Mario de MVMC de Río Castro exp. 94/7; sur, parc. 9001, camiño; leste parcela 32, pol. 10, lugar Ramallal de Eleuterio Trabado Núñez e oeste, parcela 34, pol. 10, lugar Ramallal de José García Fernández.

Valor: 524,8 euros.

Cargas: sen cargas.

Tipo: 524,8 euros.

Lote 8:

Rústica Escarbal, sita no municipio de Cervantes, destinada a matogueira; cunha superficie de 0,0669 ha. Ref. catastral 27012A011006420000MM. Lindeiros: norte, parcela 640, pol. 11, lugar Escarbal de Eulogio González Fernández e parcela 641, pol. 11, lugar Escarbal de Jesús Fernández González; sur, parcela 645, pol 11, lugar Escarbal de Manuel Perez Fernández; leste, parcela 643, pol. 11, lugar Escarbal de Jesús Fernández González e oeste, parcela 27, pol. 11, lugar O Alargo de Luis Pérez González.

Valor: 133,8 euros.

Cargas: sen cargas.

Tipo: 133,8 euros.

Lote 9:

Rústica Tallo da Casiña, sita no municipio de Cervantes, destinada a prado, cunha superficie de 0,0993 ha. Ref. catastral 27012A023000240000ME. Lindeiros: norte, parcela 9003, camiño; sur e leste, parcela 10, pol. 23, lugar Monte Viarego de MVMC de Río Castro, exp. 94/7 e oeste, parcela 25, pol. 23, lugar Tallo da Casiña de José García Fernández.

Valor: 198,6 euros.

Cargas: sen cargas.

Tipo: 198,6 euros.

Lote 10:

Rústica Tallos do Val, sita no municipio de Cervantes, destinada a matogueira, cunha superficie de 0,1084 ha. Ref. catastral 27012A023000330000MA. Lindeiros: norte, parcela 9003, camiño; sur, parcela 10, pol. 23, lugar Monte Viarego de MVMC de

Río Castro, exp. 94/7, leste, parcela 32, pol. 23, lugar Tallo da Caselas de Jose García Fernández e parcela 35, pol. 23, paraxe Tallos do Val de Eleuterio Trabado Núñez e oeste, parcela 10, pol. 23, lugar Monte Viarego de MVMC de Río Castro, exp. 94/7.

Valor: 216,8 euros.

Cargas: sen cargas.

Tipo: 216,8 euros.

Lote 11:

Rústica Queimados, sita no municipio de Cervantes, destinada a prado, cunha superficie de 0,2597 ha. Ref. catastral 27012A024000630000MI. Lindeiros: norte, parcela 59, pol. 24, lugar Monte Grandarón de MVMC de Río Castro, exp. 94/7, sur río Quindós Ardevilla, leste, parcela 61, pol. 24, lugar Queimados de titular descoñecido e parcela 62, pol 24, lugar Queimados de Jose García Fernández, e oeste, parcela 64, pol. 24, lugar Queimados de José Vilor González, e parcela 82, pol. 24, lugar Monte Grandarón de veciños de Río.

Valor: 2.077,60 euros.

Cargas: sen cargas.

Tipo: 2.077,60 euros.

De conformidade coa competencia atribuída polo artigo 7.1º f) do Decreto 51/2000, do 25 de febreiro, polo que se establece a organización recadatoria da Xunta de Galicia e o Estatuto dos recadadores de zona,

DISPOÑO:

Que o día 2 de setembro de 2003 ás 10.00 horas na sala de Xuntas da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda en Lugo r/ Ronda da Muralla nº 70, baixo a presidencia do delegado territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo, teña lugar a dita poxa.

Así mesmo, e en cumprimento do disposto no artigo 146 do Regulamento xeral de recadación, faise consta-lo seguinte:

1. Que consta en poder da Zona de Recadación de Lugo o expediente de constrinximento no que consta a titularidade dos bens poxados e o estado das súas cargas e gravames, onde poden ser examinados, debendo conformarse con eles, sen ter dereito a esixir outros, e que as cargas e gravames subsistentes, se os houbese, ó crédito dos executantes, continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

2. Que a poxa se suspenderá en calquera momento anterior á adxudicación de bens, se se fai o pagamento da débeda, xuros e custas do procedemento.

3. Os licitadores poderán enviar ou presenta-las súas ofertas en sobre pechado desde o anuncio de

poxa ata unha hora antes do comezo desta, sen prexuízo de que poidan participar persoalmente na licitación con ofertas superiores á do sobre. As ditas ofertas, que terán o carácter de máximas, serán rexistradas no rexistro da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo, e deberán ir acompañadas de cheque conformado, estendido a favor do Tesouro da Facenda Pública de Galicia polo importe do depósito.

4. Que todo licitador deberá constituír ante a mesa de poxa o preceptivo depósito de garantía, que será o menos do 20 por 100 do tipo daquela, coa advertencia de que o dito depósito se ingresará en firme no Tesouro se os adxudicatarios non satisfacen o prezo do remate, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerán polos maiores prexuízos que sobre o importe orixine a inefectividade da adxudicación.

5. No caso de que non resulten adxudicados os bens nunha primeira licitación a mesa de poxa poderá realizar unha segunda licitación, se o xulga procedente, fixando o novo tipo de poxa no 75% do importe da primeira licitación, ou ben anunciará a iniciación do trámite de adxudicación directa que se levará a cabo de acordo co artigo 150 do Regulamento xeral de recadación.

6. Que o rematante ten a obriga de entregar no acto da adxudicación ou dentro dos cinco días seguintes, a diferencia entre o depósito constituído e o prezo de adxudicación.

7. Se quedasen bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa, por un prazo máximo de seis meses, podéndose presentar ofertas en sobre pechado, a partir dese momento, á mesa de poxa.

A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas ó remate do prazo do mes desde o seu inicio, podendo proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas, ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento, e así sucesivamente co límite total de seis meses.

O prezo mínimo de adxudicación directa será o tipo de poxa en primeira licitación cando non se considerase procedente realizar unha segunda licitación; se existira segunda licitación non haberá prezo mínimo.

8. A Consellería de Economía e Facenda reserva para si o dereito de pedi-la adxudicación para a Comunidade Autónoma de Galicia, do ben que non fose obxecto de venda, conforme o establecido no artigo 158 do Regulamento xeral de recadación.

9. O procedemento de constrinximento soamente se suspenderá nos termos e condicións sinalados nos artigos 135 e 136 da Lei xeral tributaria e 101 do Regulamento xeral de recadación.

En todo o non previsto neste anuncio haberá de aterse ó preceptuado nas disposicións legais que regulen o acto.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2003.

Joaquín Caballero Miranda

Director xeral de Tributos