Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 21 de xullo de 2003 Páx. 9.689

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2003, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se anuncia a publicación das puntuacións definitivas da fase de concurso dos procedementos selectivos de ingreso e acceso ós corpos de profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas e profesores técnicos de formación profesional en expectativa de ingreso na Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade coa base común 7.1 da orde do 28 de febreiro de 2003 pola que se convocaban procedementos selectivos de ingreso e acceso ós corpos de profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas e profesores técnicos de formación profesional e outros, establece que a valoración dos méritos presentados polos aspirantes será efectuada, en nome dos tribunais, por unha comisión integrada por funcionarios da Con

sellería de Educación e Ordenación Universitaria. Publicada a lista provisional e resoltas as reclamacións, procede darlle publicidade ó baremo definitivo.

En consecuencia, esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro.-Facer pública na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nas delegacións provinciais, a partir do día 21 de xullo de 2003, as puntuacións definitivas dos baremos dos corpos de profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas e profesores técnicos de formación profesional establecidos na Orde do 28 de febreiro de 2003.

Segundo.-Contra estas puntuacións poderá presentarse recurso de alzada, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2003.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Persoal