Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 21 de xullo de 2003 Páx. 9.692

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2003, da Dirección Xeral de Tributos, pola que se sinala a data dunha poxa de bens inmobles.

Autorizada por acordo desta dirección xeral, de data 7 de abril de 2003, o alleamento en pública poxa dos bens embargados no procedemento de constrinximento pola Zona de Recadación de Lugo como da propiedade do debedor José García Pena, con NIF 33690696-C que a continuación se describen:

-Lote 1:

Predio urbano. Piso primeiro dereita, sito na avenida da Coruña, 66 da cidade de Lugo. Mide 100 metros cadrados aproximadamente e ten ademais o uso exclusivo como terraza do solo do patio interior do edificio, debendo respecta-las servidumes que hai nel e especialmente os ocos que contribúen á iluminación da denominada entreplanta dereita; a vivenda consta de seis cuartos, cociña, aseo, cuarto de baño e vestíbulo; e linda pola dereita entrando con casa de Amable Arias Gandoy e Jesús Ponte Barreiros, pola esquerda con casa da filla de José Naval, pola costas coa avenida da Coruña e pola fronte coa vivenda denominada piso primeiro esquerda e co oco de escaleira. Actualmente ten o seu acceso polo número 58 da avenida da Coruña na cidade de Lugo. Predio 26.359, tomo 754, libro 351, folio 229, Rexistro da Propiedade do Concello de Lugo.

Valor: 91.560 euros.

Cargas: 28.460,72 euros.

Tipo: 63.099,28 euros.

-Lote 2:

Predio urbano. Piso primeiro esquerda, sito na avenida da Coruña nº 66, da cidade de Lugo. Mide aproximadamente sesenta e cinco metros cadrados e ten ademais o uso exclusivo como terraza do solo do patio posterior do edificio, debendo respecta-las servidumes que hai nel e especialmente os ocos que constribúen á iluminación e ventilación do local comercial da planta baixa e da denominada entreplanta esquerda, a vivenda consta de catro cuartos, cociña, cuarto de baño e vestíbulo; e linda pola dereita entrando con casa da filla de José Naval, pola esquerda con casa de María Amable Arias Gandoy e Jesús Ponte Barreiros e con predio de Generoso Barro Crespo; polo fronte con oco da escaleira, con patio interior do edificio e coa vivenda denominada piso primeiro dereita, e polo fondo con predio de Generoso Barro Crespo. Actualmente ten o seu acceso polo número 58 da avenida da Coruña na cidade de Lugo. Predio 26.360, tomo 764, libro 351,

folio 231, Rexistro da Propiedade del Concello de Lugo.

Valor: 58.604 euros.

Cargas: 25.282,17 euros.

Tipo: 33.321,83 euros.

De conformidade coa competencia atribuída polo artigo 7.1º f) do Decreto 51/2000, do 25 de febreiro, polo que se establece a organización recadatoria da Xunta de Galicia e o Estatuto dos recadadores de zona,

DISPOÑO:

Que o día 2 de setembro de 2003 ás 10 horas na Sala de Xuntas da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda en Lugo r/ Ronda da Muralla nº 70, baixo a presidencia do delegado territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo, se celebre a dita poxa.

Así mesmo, e en cumprimento do disposto no artigo 146 do Regulamento xeral de recadación, faise consta-lo seguinte:

1. Que consta en poder da Zona de Recadación de Lugo o expediente de constrinximento no que consta a titularidade dos bens poxados e o estado das súas cargas e gravames, onde poden ser examinados, debendo conformarse con eles, sen ter dereito a esixir outros, e que as cargas e gravames subsistentes, se os houbese, ó crédito dos executantes, continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades deles, sen destinarse a súa extinción o prezo do remate.

2. Que a poxa suspenderase en calquera momento anterior á adxudicación de bens, se se fai o pagamento da débeda, xuros e custas do procedemento.

3. Os licitadores poderán enviar ou presenta-las súas ofertas en sobre pechado desde o anuncio de poxa ata unha hora antes do comezo desta, sen prexuízo de que poidan participar persoalmente na licitación con ofertas superiores á do sobre. As ditas ofertas, que terán o carácter de máximas, serán rexistradas no rexistro da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo, e deberán ir acompañadas de cheque conformado, estendido a favor do Tesouro da Facenda Pública de Galicia polo importe do depósito.

4. Que todo licitador deberá constituír ante a mesa de poxa o preceptivo depósito de garantía, que será polo menos do 20 por 100 do tipo daquela, coa advertencia de que o dito depósito se ingresará en firme no Tesouro se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerán polos maiores prexuízos que sobre o importe orixine a inefectividade da adxudicación.

5. No caso de que non resulten adxudicados os bens nunha primeira licitación, a mesa de poxa poderá realizar unha segunda licitación, se o xulga procedente, fixando o novo tipo de poxa no 75% do

importe da primeira licitación, ou ben anunciará a iniciación do trámite de adxudicación directa que se levará a cabo de acordo co artigo 150 do Regulamento xeral de recadación.

6. Que o rematante ten a obriga de entregar no acto da adxudicación ou dentro dos cinco días seguintes, a diferencia entre o depósito constituído e o prezo de adxudicación.

7. Se quedasen bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa, por un prazo máximo de seis meses, podéndose presentar ofertas en sobre pechado, a partir dese momento, á mesa de poxa.

A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas o remate do prazo do mes desde o seu inicio, podendo proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas, ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento, e así sucesivamente co límite total de seis meses.

O prezo mínimo de adxudicación directa será o tipo de poxa en primeira licitación cando non se considerase procedente celebrar unha segunda licitación; se existise segunda licitación non haberá prezo mínimo.

8. A Consellería de Economía e Facenda reserva para si o dereito de pedi-la adxudicación para a Comunidade Autónoma de Galicia, do ben que non fora obxecto de venda, conforme o establecido no artigo 158 do Regulamento xeral de recadación.

9. O procedemento de constrinximento soamente se suspenderá nos termos e condicións sinalados nos artigos 135 e 136 da Lei xeral tributaria e 101 do Regulamento xeral de recadación.

En todo o non previsto neste anuncio haberá de aterse ó preceptuado nas disposicións legais que regulen o acto.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2003.

Joaquín Caballero Miranda

Director xeral de Tributos