Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 21 de xullo de 2003 Páx. 9.693

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 27 de xuño de 2003, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relacionan acordos de liquidacións de xuros de natureza tributaria pendentes de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Rojo Díez, Ángel Federico).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase acordo de devolución de ingresos indebidos de natureza tributaria, pendente de notificar, despois de intentada a notifi

cación persoal por dúas veces, e se empraza o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Recadación da Delegación Territorial de Pontevedra en aplicación do artigo 10 do Real decreto 1163/1990, do 21 de setembro, polo que se regula o procedemento para a realización de devolucións de ingresos indebidos de natureza tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante da secretaría desta delegación, con enderezo na rúa Michelena 30 Pontevedra, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 27 de xuño de 2003.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado: Rojo Díez, Ángel Federico.

DNI: 35259383-S.

R/ Marcelino Santamaría, 12 Madrid.

Procedemento: expediente devolución S-1100/2001; autoliquidación 650100018571.