Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 18 de xullo de 2003 Páx. 9.619

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa D.S. Salgado, S.L.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa D.S. Salgado, S.L., con nº de código 3600512 que tivo entrada nesta delegación provincial o día 3-6-2003, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo delegado de persoal, en data 9-4-2003. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 11 de xuño de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa D.S. Salgado, S.L.

Artigo 1º.-Ámbito.

Este convenio afecta en todo o seu contido normativo a empresa D.S. Salgado, S.L. que ten o seu domicilio en Vilagarcía de Arousa, e a todo o seu persoal que estea prestando os seus servicios nela, así como os que se incorporen despois. O seu posto de traballo poderá variar segundo as circunstancias e necesidades da empresa, sen que varíen por iso as condicións estipuladas.

Artigo 2º.-Vixencia.

As cláusulas deste convenio terán unha duración dun ano, entrarán en vigor o día do seu asinamento, con independencia da data da súa publicación no BOP, prorrogándose tacitamente en períodos anuais, se non é denunciado por calquera das partes, de acordo coas normas vixentes.

Artigo 3º.-Condicións máis beneficiosas.

Respectaranse a título individual as condicións de traballo superiores ás establecidas neste convenio, consideradas no seu conxunto e cómputo anual. Tal garantía será exclusivamente de carácter persoal, sen que se poida entender vinculada ó posto de traballo, categorías profesionais e outras circunstancias, polo que o persoal de novo ingreso non poderá alegar ó seu favor condicións máis beneficiosas das que desfrutasen os traballadores que anteriormente ocupasen os postos de traballo a que sexan destinados ou promovidos.

Artigo 4º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo será de corenta horas semanais, segundo establece o Estatuto dos traballadores, repartidas na forma máis idónea para a empresa e os traballadores, entendendo sempre o seu interese e a productividade da empresa.

Artigo 5º.-Vacacións.

Tódolos traballadores desfrutarán dunhas vacacións retribuídas conforme as seguintes condicións:

a) Terán unha duración de 30 días naturais.

b) As vacacións desfrutaranse cando conveña, segundo as condicións da empresa, aínda que a empresa exporá con tempo ós seus traballadores como as terán que desfrutar no vindeiro ano, segundo o criterio e as necesidades da empresa e dos traballadores, non poderán ser nunca nos meses de verán.

c) Cando o traballador cese no transcurso do ano, terá dereito á parte proporcional de vacacións a razón do tempo traballado.

Artigo 6º.-Licencias e permisos.

O persoal da empresa terá dereito a licencia con soldo en calquera dos casos seguintes:

a) Por matrimonio do traballador.

b) Por morte ou enterro do cónxuxe, ascendentes e descendentes.

c) Enfermidade grave do cónxuxe, fillos ou parto da esposa.

A duración destas licencias será de quince días para o matrimonio e ata de tres días nos demais casos. En casos excepcionais, poderán concedérselles licencias máis prolongadas, se estas se solicitan debidamente á dirección con causas moi xustificadas.

Artigo 7º.-Pagas extraordinarias.

O persoal da empresa percibirá dúas pagas extraordinarias, consistentes nunha mensualidade do soldo base e antigüidade, nos meses de xullo e decembro.

Artigo 8º.-Paga de beneficios.

O persoal da empresa percibirá durante o mes de marzo, en concepto de paga de beneficios do ano anterior, o importe dunha paga mensual completa correspondente ó dito ano.

Artigo 9º.-Roupa de traballo.

A empresa está obrigada a facilitarlles ós seus empregados a roupa de traballo necesaria para cada función. Unha cada ano. O seu uso e conservación serán obrigas para o persoal.

Artigo 10º.-Retribucións.

O salario, durante a vixencia deste convenio, será o que figura na táboa que se reflicte na folla anexa, máis os aumentos por antigüidade que procedan, segundo a táboa anexa.

Artigo 11º.-Antigüidade.

O persoal comprendido neste convenio percibirá aumentos periódicos por anos de servicio, consistentes en cuadrienios na cantidade do 5% do salario base, correspondente á categoría en que o productor está clasificado.

Artigo 12º.-Axuda por defunción.

En caso de falecemento dun traballador, cun ano de servicio na empresa, esta está obrigada a lles satisfacer ós seus habentes dereito unha axuda de dúas mensualidades.

Artigo 13º.-Comisión paritaria.

Para levar a bo termo estas negociacións, constitúese unha comisión paritaria, integrado por Ramón Somoza Rodríguez e Guillermo Guillán Iglesias, delegado sindical de persoal, en representación dos traballadores, e Antonio Pérez del Oro e Alberto Pérez Fontán en representación da empresa.

Artigo 14º.-Partes asinantes.

Este convenio foi asinado por unha representación dos traballadores en tódalas súas follas e por Antonio Pérez del Oro en representación da empresa.

Vilagarcía de Arousa, abril de 2003.

Ramón Somoza Rodríguez: chofer repartidor, secretario (DNI 35409940). Antonio Pérez del Oro: pola empresa (DNI 35328501). Guillermo Guillán Iglesias: delegado sindical de persoal (DNI 35443713). Manuel Rivas Núñez: mozo (DNI 35399606). Mª Josefa Ramos Bugallo: axudante (DNI 35439060).

Táboa de salarios

CategoríasAnterior

convenio

Actual

convenio

Actual

cuadrienio

Director xerente852,56886,6644,33

* Persoal de administración:
Xefe administrativo699,51727,4936,37
Aux. admón. ou operador de máq. contab.566,21588,8629,44
Axte. admón. ou operador de máq. contab.561,07583,5129,18
Auxiliar de caixa561,07583,5129,18
Aspirante de 16 a 18 anos469,14487,91

* Persoal mercantil:
Xefe de compras690,79718,4235,92
Xefe de vendas690,79718,4235,92
Xefe de almacén690,79718,4235,92
Dependente maior616,44641,1032,05
Dependente573,45596,3929,82
Axudante558,14580,4729,02
Aprendiz de 1ª469,14487,91
Aprendiz de 2ª469,14487,91
Preparador de pedidos573,45596,3929,82
Viaxante550,14572,1528,61

CategoríasAnterior

convenio

Actual

convenio

Actual

cuadrienio

* Persoal de servicios:
Chofer repartidor573,45596,3929,82
Mozo especializado566,21588,8629,44
Mozo561,07583,5129,18
Prof. ofic. 3ª561,07583,5129,18