Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 18 de xullo de 2003 Páx. 9.614

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 305/2003, do 26 de xuño, polo que se crea o Instituto de Educación Secundaria de Bouzas, concello de Vigo (Pontevedra).

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 31 e o artigo 1 do Decreto 213/1998, do 23 de xullo, establece que lle corresponde á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a competencia en materia de educación.

De conformidade coa Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, e a Lei orgánica 10/2002, do 23 de decembro, de calidade da educación; e atendendo ó disposto no Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, e no Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, faise precisa a creación deste instituto de educación secundaria para impartir ensinanzas de formación profesional, tendo en conta as necesidades educativas existentes, a racional distribución das ensinanzas e as características da zona.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, ó abeiro do artigo 17 da Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación, e o artigo 1.3º do Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria, aprobado polo Decreto 324/1996, do 26 de xullo, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinteseis de xuño de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Créase o instituto de educación secundaria de Bouzas, código 36024461, para impartir ensinanzas de

formación profesional con capacidade para 10 unidades.

Artigo 2º

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria adoptará as medidas necesarias para o mellor cumprimento do anteriormente sinalado e determinará as ensinanzas que se impartan e o cadro de persoal docente, administrativo e subalterno necesario para o máis eficaz desenvolvemento das actividades docentes.

Disposición derradeira

Única.-O presente decreto entrará en vigor a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinteseis de xuño de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria